Climántica: primeira semana de investigación. Curso 2019-20.

Este luns 30 de setembro iniciouse en Testal a primeira semana de instigacións escolares do proxecto Climántica , formando parte da súa liña de Ciencia Escolar. Alí desenvolveu dúas investigacións sobre o marisqueo de bivalvos, coa colaboración da Cofradía de Mariscadores. Galería de fotosVídeo.

A investigación do IES Poeta Añón, na que participaron os 37 alumnos dos dous grupos que estudan a materia Climántica estivo dirixida pola profesora de Bioloxía do IES, Mercedes Lamas, e por Aitor Alonso, graduado en Bioloxía con traballo de fin de grao sobre esta investigación científic.

Climántica da así un paso máis na súa  liña metodolóxica consistente en que os escolares podan contribuír a xerar series datos científicos que permitan facer un seguimento dos efectos do cambio climático e demais factores que inciden no cambio global no océano. Nesta investigación científico – escolar os alumnos  investigaron sobre  a variabilidade espacial das diferentes tallas entre os niveis de marea da área do banco marisqueiro intermareal que se investiga todos os anos.

O mércores 2 de setembro alumnado do IES Poeta Añón e do IES Virxe do Mar colaborarán investigando no espazo protexido por Red Natura de Louro. Alí faranse mostreos para analizar a variabilidade dende a vexetación palustre da lagoa, co diferente grao de influencia nela da salidade, en especial nas zonas onde as dunas se moben máis, e os fenómenos extremos que ameazan máis a estabilidade do sistema, ata o cumio das dunas.Noticia TVG.

Aproveitarán a visita para analizar a influencia do clima na configuración da vila de Muros no século X e a relevancia que tivo no comercio da zona na época medieval.

 

Powered by Drupal - Design by artinet