FORMACIÓN A DISTANCIA DURANTE O PERÍODO DE PECHE DO CENTRO

Durante o tempo no que o alumnado non poda asistir ao centro empregaremos as seguintes vias para o envio e seguimento de tarefas.

Correo electrónico persoal.

Seccións de departamentos no bloque da dereita desta web.

Aula virtual do IES Poeta Añón (tedes un acceso na cabeceira desta páxina).

Aula virtual EDIXGAL (materias acollidas a este programa para o alumnado de 1º e 2º)

Ao longo da vindeira semana o alumnado recibirá instrucións por algunha destas vías, polo que deberá acceder ás plataformas para comprobar a existencia de tarefas.

No blog do departamento de Orientación irán publicando novas sobre Orientación académica, especialmente para o alumnado de 4º de ESO.

É importante que o alumnado entre na aula virtual, edite o seu perfil e introduza o seu correo electrónico para que a comunicación sexa máis fluída.

 

Contacto co centro:  ies.poeta.anon@edu.xunta.es  ;  teléfono móbil 674.99.78.63

 

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Axenda para adolescentes confinados.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet