INSTRUCIÓNS PARA A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Publicamos o resumo das Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre.
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data
.

En cumprimento destas instrucións realizararemos a avaliación coa información do alumnado obtida ata o día 14 de marzo. Temos que ser conscientes que estaban programados máis exames e recuperacións que non foi posible realizar e que esperamos poder efectuar no terceiro trimestre.

O venres 3 de abril as familias que teñan a aplicación Abalar móbil recibirán as notas correspondentes a esta segunda avaliación. Unha vez máis aconsellamos que se descargue esta aplicación gratuita. Ademáis de recibir as notas poderedes estar en contacto coas titoras para calquera aclaración que necesitedes.

Aquelas persoas que non teñan instalado Abalar móbil poderán solicitar o boletín de notas en formato pdf a través do correo do centro ies.poeta.anon@edu.xunta.es. Deberán indicar no texto o nome completo e DNI do solicitante e do alumno a quen corresponden as notas. Intentaremos atender as peticións o antes posible, pero isto dependerá do número de solicutdes que se fagan.

Lembrade que todos os procedementos administrativos están paralizados polo que estas tarefas teñen que ser asumidas polo equipo directivo.

Powered by Drupal - Design by artinet