FAMILIAS CON CARENCIA DE MEDIOS INFORMÁTICOS E/OU TELEMÁTICOS

Posto que o peche do centro parece que se vai prolongar máis do previsto inicialmente necesitamos coñecer que familias non dispoñen de medios axeitados para que o alumnado poda realizar e entregar traballos desde o seu domicilio.

Aínda que algúnhas tarefas simples poden realizarse co móbil non resulta útil para a presentación de traballos máis elaborados nin para estudar todas as materias nunha pantalla tan reducida. Hai ademáis tarefas que simplemente non se poden realizar co teléfono móbil.

Necesitamos que as familias que non dispoñan de ordenador e non teñan acceso a internet na casa se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico ies.poeta.anon@edu.xunta.gal e nolo indiquen para tratar de buscar solucións.

No caso de ter conexión a internet, no centro poderiamos facilitar en préstamo algún ordenador que permitiría o traballo a distancia.

Lembrade que un teléfono móbil pode actuar como módem e permitir a conexión dun ordenador a internet. Loxicamente teriades que dispoñer de datos suficientes para un maior tráfico de información.

Poñede no correo o nome do responsable e do alumno e un teléfono de contacto. Explicade cal é carencia que tedes e intentaremos darlle resposta empregando os recursos dispoñibles no IES.

Powered by Drupal - Design by artinet