Taboleiro

EXAMES DE SETEMBRO. Curso 2017-18

Nos seguintes enlaces poden consultarse as datas e horas dos exames de setembro para ESO e para Educación Secundaria de Adultos.

Calendario de exames de setembro para ESO. enlace

Calendario de exames de setembro para ESA. enlace

FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2018-19

O pasado día 21 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 9 de maio de  2018 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

No DOG do día 8 de febreiro saiu publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. acceso a web.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

Probas libres para obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

Publicada a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. acceso web CEOU.

XIV XORNADA DE PAIS/NAIS. EDUCANDO EN IGUALDADE

Informamos da xornada organizada pola  Secretaría Xeral da Igualdade, XIV Xornada de Nais e Pais, Educando en Igualdade: Rompendo cos estereotipos de xénero, que terá lugar o sábado 4 de novembro de 2017 na EGAP, en Santiago de Compostela. Díptico informativo. Impreso de inscrición.

FONDO DE LIBROS. Curso 2017-18

Listaxe definitivo de admitidos no fondo de libros para o curso 2017-18. enlace

 

EXAMES DE SETEMBRO. Curso 2016-17

Nos seguintes enlaces poden consultarse as datas e horas dos exames de setembro para ESO e para Educación Secundaria de Adultos.

Calendario de exames de setembro para ESO. enlace

LIBROS DE TEXTO. Curso 2017-18

LISTADO OFICIAL DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18. Enlace

 

FONDO DE LIBROS - AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais/nais/titores

 O pasado día 22 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 16 de maio de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. A diferenza da convocatoria anterior este ano non hai axudas para adquirir libros de texto xa que temos fondo de libros de 1º a 4º de ESO.

V SEMANA CULTURAL

Do luns 3 ao venres 7 de abril celebraremos a V Semana Cultural. Galería de fotos.

Seguindo o fío condutor do proxecto para este curso "Cóntame" tratamos de achegar a cultura de América, África e Asia por medio dos contos ou relatos populares. Con este obxectivo, dentro da semana cultural realizamos diversas actividades nas que poderemos ver unha exposición de publicacións de paises dos tres continentes e diversas actividades (Tríptico completo):

Powered by Drupal - Design by artinet