Xeografía e Historia

Arqueoloxía en Viladonga e o Lugo romano

 

O alumnado de 2ºESO participou dunha saída didáctica para visitar o castro de Viladonga e Lugo. En primeiro lugar, participaron nun obradoiro de arqueoloxía no que se familiarizaron co entorno dun xacemento arqueolóxico e elaboraron o seu caderno de campo medindo estruturas e lanzando hipóteses a partir dos restos encontrados nelas. A seguir, e guiados polo persoal do Museo do Castro de Viladonga, puxeron en común as súas ideas que non ían nada desencamiñadas. Temos bos e boas investigadoras no grupo!

Despois do xantar, completamos este percurso no Lugo romano para entender que foi alí onde dúas culturas se encontraron e influíron mutuamente. Comprobámolo na sala de exposicións Porta Miñá sobre a construción da cidade e a súa muralla. Despois, na Domus do Océano, baixamos ao rocho dun edificio da zona histórica para observar os alicerces dunha casa patricia inmensa, moi decorada e con calefacción!

 

O alumnado completou unhas tarefas sobre estes contidos e acabamos a xornada camiñando parte da muralla, que é Patrimonio da Humanidade desde 2000 por ser o mellor exemplo de fortificación do final do Imperio romano conservado en Europa.

Somos o que comemos e na Grecia antiga non eran menos!

 

Na aula de Historia, a través dalgúns petiscos que hoxe identificamos coa dieta mediterránea, tivemos a oportunidade de coñecer parte da alimentación habitual na Hélade, razoar xuntos que actividades económicas facían posíbel a obtención daqueles produtos e saber máis sobre cerámica grega e o seu uso nun banquete típico.

Tivemos unha aula ben saborosa!


PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2022-2023

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN SOBRE EXIPTO NA CIDADE DA CULTURA

O pasado día 10,  o noso alumnado de 1º ESO puido visitar virtualmente a exposición sobre Exipto que hai na Cidade da Cultura

I OLIMPÍADA IUNIOR DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

Parte do alumnado de 3º de ESO participou hoxe na I Olimpíada Iunior de Xeografía de Galicia que se celebrou en modalidade on-line debido as medidas derivadas da COVID-19. Foron 45 minutos intensos nos que houbo que contestar 50 preguntas tipo test de opción múltiple.

EXAMEN DE SEPTIEMBRE

EXAMEN DE SEPTIEMBRE.

Los alumnos con la materia de Geografía e Historia, Cultura clásica o Economía deben entregar el material, completo, que se realizó durante todo el confinamiento.Cada profesora  indica la forma.

Los alumnos/as que opten por esta formula, deben presentarse el día del exámen con todo el material para entregarlo a las profesoras.

MATERIAL DE 3º ESO. RECUPERACIÓN.

Materiales de 3º eso para recuperación de evaluaciones suspensas.

Aula virtual. tema 4.

plazo de entrega: 1---12 junio.

MATERIAL 3º ESO DE AMPLIACIÓN. AULA VIRTUAL.

Material de ampliación y desarrollo de competencias de 3º ESO.

Aula Virtual. tema4.

plazo de entrega; 1---12 junio.

Powered by Drupal - Design by artinet