Secretaría, Libros de Texto, Comedor

PROCESO DE ADMISIÓN 22-23. Fase de reserva de praza en centros adscritos.

Estimadas familias!

 

Dende hoxe e ata o vindeiro día 6 de febreiro estará aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso 22/23 no IES A Paralaia, centro ao que estamos adscritos.

Para facelo poderedes:

  • Empregar a aplicación ADMISIÓNALUMNADO e presentala a través da SEDE electrónica, para o que deberedes contar cun medio de identificación electrónico (certificado dixital ou Chave 365). AQUÍ tendes a ligazón para acceder.
  • Presentala no centro, no que haberá copias da solicitude á vosa disposición.

 

Para calquera dúbida que teñades non dubidedes en chamarnos ao centro.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Consulta información sobre admisión alumnado para o curso 2022/2023 accedendo á aplicación ADMISIÓNALUMNADO AQUÍ

Para o curso 2022/2023 as prazas dispoñibles no noso centro son as seguintes:

 

CURSO ANO DE NACEMENTO VACANTES
4º INFANTIL 2019 22+ 3 NEE
5º INFANTIL 2018 18
6º INFANTIL 2017 11
1º PRIMARIA 2016 14+ 3 NEE
2º PRIMARIA 2015 16
3º PRIMARIA 2014 5
4º PRIMARIA 2013 13
5º PRIMARIA 2012 24

PRIMARIA

2010 12

Lembramos as datas máis relevantes:

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo.

Publicación listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, antes do 15 de maio.

Formalización de matrícula para Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño.

NOTA: Só se poderá entregar unha solicitude de admisión, na que se poderán facer constar por orde de preferencia ata 6 centros.

 NORMATIVA:

Decreto 13/2022 de 3 de febreiro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde de 25 de xaneiro de 2017

Orde de 18 de decembro de 2020

 

Se tedes calquera dúbida chamade ao centro e axudarémosvos.

LIBROS INGLÉS

Moi boas, familias!

Deixámosvos a información dos libros de inglés de primeiro e segundo.

Para 1º:

MACMILLANENGLISH QUEST 1 PUPIL´SBOOK PACK
ISBN 9780230443808

 

Para 2º:

MACMILLANENGLISH QUEST 2 PUPIL´SBOOK PACK
ISBN 9780230443822

A listaxe de material publicarase en setembro.

Aproveitamos para desexarvos moi bo verán a tod@s!!

Vémonos en setembro!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021

Comunicamos que todas as familias que solicitaron praza para as súas fillas/os para o curso próximo no centro foron admitidas. Porémonos en contacto con todas vós no momento en que haxa que facer a matrícula.

ADMISIÓN ALUMNADO 2021

Tal e como se recolle na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) debemos publicar as vacantes dispoñibles antes do 1 de marzo.

No noso centro quedaría como segue:

CURSO PERMANENCIAS VACANTES
4º INFANTIL 0 22+ 3 NEAE
5º INFANTIL 11 14
6º INFANTIL 9 16
1º PRIMARIA 9 13+ 3 NEAE
2º PRIMARIA 20 5
3º PRIMARIA 11 14
4º PRIMARIA 1 24
5º PRIMARIA 14 11
6º PRIMARIA 9 16

Lembramos as datas máis relevantes:

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 1 ao 22 de marzo.

Publicación listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, antes do 15 de maio.

Formalización de matrícula para Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño.

 

 

NOTA: Só se poderá entregar unha solicitude de admisión, na que se poderán facer constar por orde de preferencia ata 6 centros.

Distribuir contido

Back to top