Skip to Content

Día Do libro 2017

O día 25 de abril celebramos no colexio o Día do libro. Dende primeira hora da mañá, varios pais, nais e incluso representantes do Concello, achegáronse ao centro para lerlles aos rapaces algúns contos e historias breves. Moitas grazas pola vosa participación! 

Coma sempre, deixámosvos o enlace ao álbum de fotos para pder descargalas.

https://goo.gl/photos/6arqc3j1vUXYqPax7

O TEMPO EN BEARIZ

O día 19 de abril veu ao centro Noelia Rodríguez, a presentadora do Tempo no Telexornal da TVG. Explicounos cómo funciona un telexornal detrás das cámaras, ensinounos o que eran os satélites, falounos da “maxia” da televisión e, para rematar, ensinounos a facer as nosas propias predicións meteorolóxicas.

 

 

 
 
 
Coma sempre, deixámosvos o enlace ás fotos para que as poidades descargar.
 

CONVIVENCIA BOBORÁS 2017

O bo tempo acompañounos o mércores, día 5 de abril, para visitar aos nosos compañeiros de Boborás un ano máis. Alí nos xuntamos os coles de Beariz, O Irixo, San Amaro e Boborás para celebrar unha convivencia moi divertida e entretida na que houbo de todo: Bailes, actuacións, campionatos de fútbol sala... Pasámolo xenial!!!

Ah, e os maiores gañaron o torneo de fútbol sala!! Noraboa campións e campionas!!

Deixámosvos o álbum por se queredes descargar algunha das fotos. https://goo.gl/photos/p3zKa2K4Ao5uNynf8

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo celebrouse o Día Internacional da Árbore. Para conmemorar este día e entrar en contacto coa natureza, no CEIP de Beariz plantamos unha árbore á que puxemos de nome Camilo. Aquí tedes o noso traballo. 

 

 

Se queredes descargar as fotos, podedes atopalas no seguinte enlace:

https://goo.gl/photos/cqpTRnz3ibo2oHn18

ENTROIDO 2017

Chegou o Entroido a Beariz, e os mosqueteiros saíron a celebralo pola aldea.

Nenos e nenas, profes, nais (e ata algunha avoa) se animaron a participar nesta festa tan divertida para todos. Visitamos a residencia de maiores, a farmacia, o Centro de Saúde e o Concello, pasando por algúns establecementos do lugar. 

Pasámolo todos xenial!! Esperámosvos o ano que vén!

 

Deixámosvos o enlace por se queredes descargar as fotos da presentación de abaixo e algunha que outra máis:

https://goo.gl/photos/YwbTaUfE6kbb5QWL9

 

DÍA DA PAZ 2017

O luns 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Todos xuntos lemos un manifesto a favor da Paz e fixemos un mural na biblioteca para conmemorar este día. 

 

CUMPLES NO 1º TRIMESTRE

Durante o Primeiro Trimestre tivemos varios cumples no cole. Parabéns a Santi, Leonardo, Carlos, Nuria e María!! Aquí están as fotos das celebracións. Que ricos estaban todos os pasteis!!

 

 

 

Campo a Través en Maside

O martes 29 de novembro fomos a Maside para disputar a 1ª proba do campionato de Campo a Través, dentro do programa XOGADE. Noraboa a todos os alumnos/as por rematar as súas carreiras!! Mención especial para Carlos, que conseguiu traer unha medalla para Beariz. 

 

 

 

Casa do Patrón

O martes día 15 fomos a visitar a Casa do Patrón en Lalín. Aprendemos a debullar o millo e a facer pan. Estaba riquísimo! Tamén coñecemos como vivían os nosos avós e as ferramentas que empregaban. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut