Skip to Content

Canción Convivencia 2016

Xornada de Convivencia 2016

SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA

A semana pasada o CEIP de Beariz tamén celebrou a Semana escolar da Árbore e a Auga, as actividades consistiron na lectura dun conto sobre Dona Pinga e Don Carballo, e despois de facer actividades relacionadas co conto, animámonos a facer un mural sobre unha árbore plasmando os nosos desexos sobre a conservación do medio ambiente nas pingas de auga. Para rematar, plantamos un carballo no xardín do colexio:

 

REPOSTEIROS POR UN DÍA

Durante este trimestre tamén nos puxemos ao outro lado da cociña, esta vez para aprender a facer un postre. Así que, aproveitando que coincidiu co entroido, e que aprendemos sobre algúns doces típicos desas datas, pedímoslle axuda á nosa cociñeira Elsa para facer unhas ricas flores de carnaval. Velaquí tedes o resultado desta actividade, na que, dendo os máos cativos ata os máis maiores tivemos que poñer as mans na masa:

COIDANDO A MIÑA BOCA

Esta semana tivemos unha charla na que o alumnado de primaria aprendeu sobre alimentación saudable, hábitos de hixiene e sobre as enfermidades dentais máis comúns.

COIDANDO A MIÑA BOCA

CARNAVAL

GAÑADORES RANKING DE LECTURA

 

Os gañadores do ranking de lectura deste primeiro trimestre foron... Andrea (2º primaria) e Fer (6º primaria)!!! Noraboa rapaces!! A polo seguinte trimestre...

GAÑADORES RANKING DE LECTURA

Nadal en Beariz

Distribuir contido


by Dr. Radut