Skip to Content

Conferencia Papá Noel

Xa veu Papa Noel de visita un ano máis, cargadiño de agasallos para todos... E a vós, tamén vos trouxeron algo???

Nós, ademais de escribirlle as nosas cartas, tivemos ocasión de falar con el, si, como o ledes... Falamos con el!!! Alí cantamos xuntos, contámoslle que tal nos portamos durante este ano, se comemos as verduras ou non... E, xa que estábamos, aproveitamos para pedirlle o que queríamos como premio por ser tan bos. No seguintes enlaces podedes ver un resumo da nosa conferencia:

 

https://youtu.be/-Fh-k-yttXY

 

EXCURSIÓN A CHANTADA

Onte marchamos todos de excursión a Chantada, alí fixemos un montón de cousas: fomos ver o encoro de Belesar (en realidade, o pouco que a néboa nos deixou ver), e despois subimos ata Garabelos, onde Anxo Moure nos agardaba para contarnos unha chea de contos na cima dunha árbore, xogamos no seu parque entre as árbores, aprendimos sobre distintas especies de árbores, merendamos dentro dun hórreo e ata vimos unha película nunha palleira! Ademais, grazas á axuda de Televinte, a canle de tele local, puidemos ser xornalistas e agarramos o micro para facerlle unhas preguntiñas a Anxo. Neste vídeo podedes ver un resumo do que alí fixemos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=RK5DPU4aSMU

 

Por se iso non fose abondo, despois baixamos ata o estudio e alí ensináronnos como é proceso de montaxe dunha nova, e ata nos metemos a gravar a nosa voz para a noticia!:

 

https://www.youtube.com/watch?v=0obF1Es_OgA

 

 

Agardamos que vos guste, nós pasámolo xenial!

SAMAÍN 2015

Distribuir contido


by Dr. Radut