Skip to Content

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!

                                                 

 

Estimadas familias,                                                 

Dende o centro imos festexar a celebración  do Samaín coas seguintes actividades:

  • Realización dunha exposición de cabazas de todo o alumnado decoradas na casa poñendo un título en lingua galega a súa creación.

A exposición farase no corredor en fronte a sala de profesorado. 

O alumnado traerá as cabazas entre o luns 30 e o martes 31 de outubro.

A exposición estará aberta para as familias o martes 31 de outubro de 16:00 a 18:00 horas.

  • Celebración do Samaín  o día 31 de outubro.

O alumnado poderá asistir disfrazado.

Faremos unha merenda por nivel, o alumnado dos grupos A aportarán comida inspirada no Samáin ( dedos de bruxa, arañas, etc) e o alumnado dos grupos B bebida ( auga, zume, refrescos) Sorprendernos!

O alumnado que presente algún tipo de alerxia ou intolerancia deberá traer a súa propia merenda.

      Tragamedos.Traballamos as emocións.

Cada neno ou nena plasmará nun papel o seu medo. En Educación Infantil farase mediante debuxos ou palabras curtas. Unha vez rematen deben introducir ese papel nunha caixa decorada en forma de monstro tragamedos situada na exposición de cabazas, simulando que así ese medo desaparecerá.

      • Fomentando e traballando as linguas.

Crearase un recuncho de vocabulario en galego e inglés relacionado con esta temática para poder xogar e facer diferentes actividades dende as diferentes titorías, así coma enriquecer o vocabulario de todo o alumnado.

      • A lectura sempre é importante.

Farase unha exposición de libros coa temática: Samaín, meigas, trasnos, cabazas…. na biblioteca. 

       • Fomento da lectura

 O alumnado  de 3º ciclo de  Educación Primaria lerá contos terroríficos ao alumnado dos grupos inferiores.

       • Fomento da escrita en lingua galega. 

O alumnado dos grupos superiores 3º, 4º,  5º e 6º de Educación Primaria participarán no II CERTAME DE CONTOS PARA NON DURMIR. Os tres contos mellor valorados pola supercomisión, gravaranse con efectos sonoros e serán publicados e publicitados na web do centro.

      

Esperamos gozar moito xuntos desta celebración.

                          A Supercomisión.

 



page | by Dr. Radut