Skip to Content

Comisión de Actividades Complementarias

Pola eliminación da Violencia de Xenero

 Pica en iniciar para ver a infografía completa.

 

 

VÍDEO DÍA 2 CÁMPING GROVE

 
 

VÍDEO DA SAÍDA AO GROVE 2024

Estimadas familias, como vedes o alumnado de 6º de primaria está desfrutando moito da saída. Aínda que nos choveu un pouco no regreso da praia, todos e todas se atopan ben  e neste momento están facendo xogos.

Deixámosvos un pequeno vídeo do día de hoxe.

Para calquera incidencia temos a man o teléfono do centro 634653641 que usaremos  se o alumnado precisa contactar con vós.

Unha aperta, ata mañá.

 

 
 
 
 

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!

                                                 

 

Estimadas familias,                                                 

Dende o centro imos festexar a celebración  do Samaín coas seguintes actividades:

  • Realización dunha exposición de cabazas de todo o alumnado decoradas na casa poñendo un título en lingua galega a súa creación.

A exposición farase no corredor en fronte a sala de profesorado. 

O alumnado traerá as cabazas entre o luns 30 e o martes 31 de outubro.

A exposición estará aberta para as familias o martes 31 de outubro de 16:00 a 18:00 horas.

  • Celebración do Samaín  o día 31 de outubro.

O alumnado poderá asistir disfrazado.

Faremos unha merenda por nivel, o alumnado dos grupos A aportarán comida inspirada no Samáin ( dedos de bruxa, arañas, etc) e o alumnado dos grupos B bebida ( auga, zume, refrescos) Sorprendernos!

O alumnado que presente algún tipo de alerxia ou intolerancia deberá traer a súa propia merenda.

      Tragamedos.Traballamos as emocións.

Cada neno ou nena plasmará nun papel o seu medo. En Educación Infantil farase mediante debuxos ou palabras curtas. Unha vez rematen deben introducir ese papel nunha caixa decorada en forma de monstro tragamedos situada na exposición de cabazas, simulando que así ese medo desaparecerá.

      • Fomentando e traballando as linguas.

Crearase un recuncho de vocabulario en galego e inglés relacionado con esta temática para poder xogar e facer diferentes actividades dende as diferentes titorías, así coma enriquecer o vocabulario de todo o alumnado.

      • A lectura sempre é importante.

Farase unha exposición de libros coa temática: Samaín, meigas, trasnos, cabazas…. na biblioteca. 

       • Fomento da lectura

 O alumnado  de 3º ciclo de  Educación Primaria lerá contos terroríficos ao alumnado dos grupos inferiores.

       • Fomento da escrita en lingua galega. 

O alumnado dos grupos superiores 3º, 4º,  5º e 6º de Educación Primaria participarán no II CERTAME DE CONTOS PARA NON DURMIR. Os tres contos mellor valorados pola supercomisión, gravaranse con efectos sonoros e serán publicados e publicitados na web do centro.

      

Esperamos gozar moito xuntos desta celebración.

                          A Supercomisión.

 

DÍA 2- SAÍDA FIN DE ETAPA

VIAXE DE FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.

O alumnado de sexto de Educación Primaria está na saída de fin de etapa no Grove.

 

CONMEMORACIÓN LGTBIQ+

Achego diferentes materiais para traballar diferentes aspectos o día LGTBIQ+:

Enlaces sobre a normativa europea e a autonómica en Galicia.

CURTAMETRAXES PARA TRABALLAR CON ED. INFANTIL E PRIMARIA: ENLACE

LIBROS/ MANUALES  PARA FAMILIAS: ENLACE

 

FOTOS DO ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA NO CENTRO OS PEARES

Entrar na seguinte páxina web.

Spring Week - Quenda 8 - PEARES (centropeares.es)

Poñer o contrasinal que se vos achegou por Abalar.

Páxina de Agueiro con fotos e vídeos 

DÍA DE EUROPA

O día 9 de maio conmemoramos o día de Europa. A actividade organizada polo equipo Pluri consistíu na investigación da cultura de diferentes países que conforman a Unión Europea.

Este foi o resultado:

PERCORRIDO POLA RÍA DE VIGO 6ºP

Nesta saída o alumnado acudíu ao Porto de Vigo realizando un percorrido pola Ría de Vigo con monitores/as especializados nunha embarcación con todos os avances tecnolóxicos para achegar ao alumnado á riqueza do noso ecosistema mariño único.

Obxectivos didácticos:

  • Coñecer a xeografía da Ría de Vigo.
  • Valorar a riqueza do ecosistema mariño.
  • Coñecer e valorar a riqueza das bateas de mexillón.
  • Observar in situ diferentes especies de animais invertebrados mariños.
  • Observar a composición dunha mostra de plancto mariño.
  • Valorar a importancia que ten para a vida dos seres vivos o coidado dos elementos da paisaxe máis próxima.
  • Enriquecer as relacións sociais dentro e fóra da aula.
  • Gozar dunha xornada de aprendizaxe e lecer.
Distribuir contido


by Dr. Radut