Skip to Content

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

"Plantando árbores con pinceis" é un proxecto escolar organizado por Afundación para a sustentabilidade que une a cultura e o coidado do medio ambiente a través da realización no centro  mural artístico, vo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas, que absorben e depura os contaminantes que hai no aire, como óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado ( cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega unha árbore adulta ao medio).

Unha iniciativa innovadora que spretende achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa. Esta actividade está relacionada coa commemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro 5 de xuño.

Este foi o resultado do mural pintado no patio de entrada ao centro polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, dentro da mesma temática deseñou bolsas de tea.

 

 



page | by Dr. Radut