Skip to Content

ANPA

ACLARACIÓN AULA MADRUGA E LUDOTECA

Normas de funcionamento, prezos e procedemento de solicitude no seguinte ENLACE

 

MADRUGADORES

CHARLA DO BO TRATO FAVALMI

Bo día,
 
Dende o ANPA, queremos convidarvos ás charlas-taller que se impartirán os próximos días 9, 25 e 30 de novembro na sede de FAVALMI (escola vella), da man de Baia Fernández de la Torre, comunicadora, creativa, escritora e adestradora emocional sobre o bo trato e as relacións persoais.
 
As charlas son totalmente gratuitas, organizadas por FAVALMI e orientadas a tódala comunidade educativa. Adxuntamos un documento con máis información. 
 
Oxalá vos emocione tanto coma a nós…Esperámosvos!

CHARLAS DO BO TRATO ANPA POUSA DE FONTÁN

Bo día, queremos convidar a todas as familias e persoal da comunidade educativa a varias charlas formativas e reflexivas sobre a prevención do acoso escolar e a mellora da convivencia nos centros educativos que se levarán a cabo nos meses de outubro e novembro. Celebraranse na Avenida do Conde s/n local 18 (No Centro de desenvolvemento local de Gondomar).

 

Queremos difundir a necesidade de visibilizar o bo trato como piar necesario a alcanzar se queremos construír unha sociedade xusta e igualitaria. É importante propoñer e crear outro modelode relacións, outros valores sociais que freen o contexto agresivo e violento no que vivimos.

 

Esta realidade require dunha responsabilidade persoal e individual pois, sen darnos conta, as persoas adultas reproducimos actitudes e comportamentos agresivos que reforzan o maltrato social. Formar parte dese esforzo imaxinativo que nos axude a pensar máis na posibilidade do botrato que en accións de (auto)odio é o obxectivo último do que aquí se pretende. Tendo en conta tamén que as persoas adultas que educamos servimos de exemplo e referente as nosas crianzas que acompañamos.

 

Por todo isto, é importante que estes temas cheguen ás familias e ás aulas, se lles dea a visibilidade que merecen e se tome consciencia da responsabilidade individual que temos para garantir o seu cumprimento e por elo, imos adicar un mes completo da nosa escola de nais e pais a traballar e fomentar o bo trato en xeral, implicando a toda a comunidade educativa e axustando as exposicións as necesidaes das familias con alumando en infantil, primaria e secundaria.

 

Próximas charlas da man de Baia Fernández os días 9, 25 e 30 de Novembro.

 

ASAMBLEA DA ANPA POUSA DE FONTÁN

                             ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro venres día 29 de setembro ás 17:30 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 18:00 horas no comedor, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede

 Presentación e modificación da xunta directiva ou disolución da mesma. Despedida da presidenta e nomeamento de novos cargos.

 Información relacionada coa actividade de piscina (Valadares e Ramallosa)

 Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA. Cómo se xestiona, subvencións, como darse de alta, etc.

 Necesidade de traballar con AMPAFACIL, coñecer a aplicación e formar parte para poder ser socios con pleno dereito.

 Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios.Ventaxas.

 Rogos e preguntas.

 

Solicítase máxima participación para poder continuar coa labor que se fai dende a ANPA, servizos que se ofrecen, axudas, subvencións, etc

 

ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro mércores 21 de xuño ás 19:00 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 19:30 horas nas mesas de fora na porta do comedor, coa seguinte orde do día:

  • Lectura da acta anterior e aprobación se procede
  • Estado das contas
  • Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA neste curso e no próximo. - piscina (Valadares e Ramallosa) - Teatro - Inglés - Aula madruga dende ás 7:30 horas. - Tenis
  • Xestión levada a cabo co Centro Educativo, problemas coa pista, comedor escolar, conserxes.
  • Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios. Ventaxas. Informar da necesidade de darse de alta como socio en ANPAFACIL.
  • Aclaración sobre a excursión de Amarantes.
  • Necesidade de renovación de cargos na xunta directiva.
  • Devolución das fianzas aula madruga e votación da posibilidade de cambio na xestión do servizo.
  • Rogos e preguntas.

EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE AMARANTE

                   

Organizada pola ANPA Pousa de Fontán o día 24 de Xuño.

Anímate a participar nunha xornada lúdica coa túa familia ou amigos.

DESCARGA A FOLLA DE INSCRIPCIÓN AQUÍ

NOVA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

                       ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022/2023 (ofertadas pola ANPA )

Volvemos a abrir o plazo para inscribirse nas actividades extraescolares que estanse a impartir no centro. Para poder inscribirse nas actividades levadas a cabo pola ANPA é imprescindible ser socio e solicitar a actividade na plataforma ampafacil.

ASEMBLEA DA ANPA POUSA DE FONTÁN

ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro xoves día 06 de outubro as 18:15 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 18:30 horas no comedor, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede  Presentación e modificación da xunta directiva.

 Aprobación do gasto para as necesidades do centro de 600 euros. (camiñas para sextas ou outras necesidades)

 Información relacionada coa actividade de piscina (Valadares e Ramallosa)  Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.

 Necesidade de traballar con AMPAFACIL.

 Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios.Ventaxas.

 Rogos e preguntas.

FARASE ENTREGA DUN AGASALLO AOS SOCIOS, PRESENTANDO FOTO DA TARXETA DE SOCIO QUE OFRECE AMPAFACIL

FICHA DE INSCRIPCIÓN DE NOVOS SOCIOS

DESCARGA AQUÍ A FICHA DE NOVOS SOCIOS

Distribuir contido


by Dr. Radut