Skip to Content

ANPA

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Resultado de imagen de ESCOLA DE NAIS E PAIS

SE QUERES PARTICIPAR DESCAGA A FOLLA DE INSCRIPCIÓN AQUÍ

Dende a nosa ANPA queremos convidar a tódalas familias a participar na “ESCOLA DE NAIS E PAIS” que se porá en marcha proximamente. Trátase dunha serie de charlas-dinámicas nas que compartimos dúbidas, inquedanzas e aspectos cotiás relacionados coa educación dos nosos fillos e fillas. Entendemos que a familia ten que ser parte fundamental na educación e desenrolo integral dos cativos e por elo, estas charlas axudan a coñecer máis preto a entorna na que se desenrolan @s nen@s e as problemáticas coas que se atopan no seu día a día. Preténdese que desta experiencia poidamos acadar ferramentas que nos axuden a resolver pequenos conflitos e problemas de comunicación, permitindo deste xeito acercarnos mellor a realidade sociolóxica, emocional e educativa d@s nos@s fill@s. A sociedade evoluciona e as familias debemos estar preparadas para afrontar eses cambios e dotar aos nosos fill@s de pensamento propio que lles permita formarse como persoas e adaptarse as novas realidades buscando o seu benestar. 

Quen imparte A ESCOLA DE NAIS E PAIS?  

O psicólogo da Mancomunidade do Val Miñor, Oscar Carreño Miniño, cunha experiencia de máis de 30 anos e cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa que fai moi divertida e significativa a aprendizaxe.

Quen organiza A ESCOLA DE NAIS E PAIS? 

  A Mancomunidade do Val Miñor en colaboración con FAVALMI (Federación de Anpas do Val Miñor).   

Como se organiza?  

A duración é de aproximadamente entre 6-8 sesións que duran 1 hora e cuarto cada unha. Celebraranse un día a semana, no Centro Neural de Gondomar, en horario de mañá ou tarde, tendo en conta as prioridades das persoas inscritas. 

Quen pode participar?  

Calquera persoa comprometida coa educación dos fill@s, net@s, sobriñ@, etc…sen necesidade de pertencer a ningunha asociación. Son gratuítas e precisan un número mínimo de participantes para poder pórse en funcionamento. 

Precisamos que todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade, cumprimentedes os vosos datos e nolos fagades chegar por medio do buzón da ANPA, email: anpapousadefontan@hotmail.com ou  whatsapp no teléfono: 611033178 para así poder organizar os grupos tendo en conta as prioridades da maioría. 

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR BRIGHT MINDS

Estimadas familias:

A ANPA Pousa de Fontán comunica que a actividade extraescolar BRIGHT MINDS: INTELIXENCIAS MÚLTIPLES ofertada para educación infantil, finalmente obtivo o número de alumnado necesario para a súa realización.  Polo tanto, comezará este venres en horario de 16:00 a 17:00 horas. 

Se algunha familia está interesada en incorporar ao seu fillo ou filla a esta actividade debe contactar coa ANPA.

 

ASEMBLEA

                                             ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

 

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro venres día 11 de outubro as 18:30 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 19:00 horas no comedor do centro, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede

 Presentación e modificación da xunta directiva.

 Solución a problemática dos autobuses e familias no acceso ao Centro

 Xestión levada a cabo co Concello de Gondomar

 Información relacionada coa Aula Matinal.

 Información relacionada coa actividade de piscina (Valadares e Ramallosa)

 Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.

 Tockapp School e o seu funcionamento, tamén se pode enviar por email a información

 Aprobación de subvención para as actividades extraescolares.

 Xestión prevista para levar a cabo este ano.

 Rogos e preguntas.

Aos asistentes socios entregaráselles un agasallo 

Contacto

                                                                                                              

 

Existe unha Asociación de Nais e Pais, denominada ANPA Pousa de Fontán, á que poden pertencer tódalas familias que o desexen, se inscriban e paguen a cota establecida.

 

A xunta directiva colabora na xestión do centro e mantén unha relación fluída coa dirección do centro, aportando suxerencias e transmitindo inquedanzas para o mellor desenvolvemento da actividade escolar. Ten representación no Consello Escolar.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

 

Para calquera comunicación con nos, podedes dirixir un correo a seguinte dirección:

anpapousadefontan@hotmail.com

 

Tamén dispoñemos dun Blog onde podedes consultar a información que alí temos posta:

 

http://anpapousadefontan.blogspot.com

 

Se precisades una atención telefónica, o teléfono do ANPA é: 611033178

 

                                                         INSCRICIÓN SOCI@ ANPA POUSA DE FONTAN

 

IMPORTANTE:

 Cubrir ben tódolos datos para que poidamos facervos o carné de socio.

 Facer o ingreso de 10 € nalgunha das dúas contas indicadas.

 Depositar este documento na caixa de correo da anpa ou envialo por correo electrónico (descargar FORMULARIO)

 A familia que non entregue esta inscrición cuberta NON constará como socia (vía mail ou no buzón da Anpa)

• LA CAIXA Nº ES56 2100 5752 6002 0006 4178

• ABANCA Nº ES13 2080 5035 0130 4001 5061

 

A cota fixada para o curso 2019-20 é de 10€ por unidade familiar, independentemente do número de fill@s

matriculad@s, tendo directamente dereito aos descontos e servicios desta Anpa, así como actividades

 

extraescolares etc.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut