Skip to Content

ACTIVIDADES

DÍA DO LIBRO

 

             

 Estimadas familias:

 

        Estimados nenas e nenos:

      SEMPRE, SEMPRE pero nestos momentos moito máis, os LIBROS, van a resultar unha  excelente compañía, poden facernos  rir, viaxar, emocionarnos, aprender, recordar….

 

                                            Déixate acompañar por eles !!!!!

                                                        Non te fallarán nunca !!!!!

 

       O mes de ABRIL, é dende fai moito tempo, celébrase  “o mes dos libros”    polo que dende a Biblioteca do colexio queremos animarvos a que non deixedes NUNCA pero NUNCA de LER, e queremos que disfrutedes con este precioso corto que fai un merecido homenaxe aos LIBROS:“ O mellor corto do mundo para fomentar a LECTURA”

 

           Non deixedes NUNCA pero NUNCA de LER !!!!!

           Estade moi atentos e atentas porque pronto recibiredes unha nova SORPRESA!!!

 

           

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de Febreiro, celébrase o Día de Rosalia, coincidindo coa data do seu nacemento o 24 de Febreiro de 1837. Como é unha das grandes escritoras galegas, dende o equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua Galega, quixemos facer a nosa propia celebración no centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os grupos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, elaboraron un tendal con poemas de Rosalía.


Dende 3º a 6º de Educación Primaria fixeron unha caricatura da poetisa e novelista nun marcapáxinas individual.

Esta tarefa rematou sendo un abano por cada clase formando nunha das caras poemas de esta autora, e quedando na outra os debuxos de Rosalía.
 
A exposición xa está no centro, polo que pode ser visitada por todos ! Atréveste a encontrar algún parececido entre María Rosalía Rita de Castro e Rosalía Vila Tobella?


Distribuir contido


by Dr. Radut