Skip to Content

ACTIVIDADES

TEATRO " O POETA DE VALDEORRAS " FLORENCIO DELGADO

No arquivo adxunto  deixámosvos a autorización para a asistencia á obra de teatro.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

8 DE MARZO DÍA DA MULLER 2022

Queridas familias:

Con motivo da celebración o próximo 8 de marzo do Día Internacional da Muller querémosvos propor unha actividade para facer  en conxunto coas familias.

A proposta é facer un bookface dun libro ou conto que teñades na casa escrito por mulleres.

Que é un bookface preguntaredes?

Pois consiste en encaixar a cara dos nenos e nenas ou algunha parte do seu corpo na portada dun libro. Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos sirvan de referencia.

Con todas as fotos que nos enviedes ao correo do centro ata o luns día 7 faremos un video co que festexaremos o papel da muller na literatura.

Te animas a participar con nosotr@s? BOOKFACE - Día del Libro (23 de abril)  - C.E.I.P. Princesa SofíaLas mejores respuestas al desafío #BookFace - Mundo Risas

Contamos con vós!

O equipo de biblioteca

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA DO MES DE XANEIRO

Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de xaneiro.
 
O luns 17 de xaneiro xa se poderá facer uso do servizo de empréstito dos libros da biblioteca da Casa da Lectura. Provisionalmente estaremos no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde), ao que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese e aproveitamos para desexarvos un moi feliz ano lector.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

Estimadas familias:                           Imagenes animadas de Mochilas, Gifs animados de Vestuario /> Mochilas

                                                                

A Biblioteca do noso centro pon de novo en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS co obxectivo de proporcionar uns materiais que van a permanecer nas vosas casa durante unha semana e queremos que sirvan de alegría e distracción e poidades aprender moitas cousas grazas a eles.

É un material para toda a familia e pretendemos que sexa un motivo de encontro entre todos os compoñentes da mesma e queremos que o pasedes moi ben explorando estos materiais. Son varios elementos escollidos con cariño e coidadosamente.

Esperemos que vos guste! Gozar cos libros!! Disfrutade da lectura!!

                      Biblioteca Paporrubio

PAPAGAIO DIXITAL

Rapaces e rapazas queremos que sexades uns grandes lectores/as.

Propoñémosvos a lectura da revista O PAPAGAIO!!!

Como non se pode ler na biblio imos enviarla por Abalar, tamén podedes consultala na páxina web do cole no apartado de BIBLIOTECA.

O PAPAGAIO DO MES DE XANERO

O PAPAGAIO DO MES DE MARZO 2021

O PAPAGAIO DO MES DE XUÑO 2021

 

Disfrutade da lectura amiguiños e amiguiñas.

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

                                       

Este ano o alumnado do Chano  creou, polo Samaín unha morea de historias terroríficas.

 

Para que todos e todas as poidades disfrutar. Pincha nas imaxes para comezar a tremer de medo.....

Historias do alumnado de 3ºA

Historias do alumnado de 3ºB

 

Historias do alumando de 3ºC

Historias do alumnado de 5º de Primaria

 

Historia do alumnado de 6ºB

 

 

 

BIBLIOTECA

 Xa estamos de Volta !!                       

  Estimadas Familias

    O día 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares.

    A Biblioteca quere   inaugurar esta novo ano  pondo en marcha dende hoxe  o Blog da Biblioteca Paporrubio, cheo de novidades e de novos apartados.

    Desexamos e esperamos  que sexa de utilidade para todos e todas!!!!.

    Non deixedes de entrar a visitalo dende este enlace:   Biblioteca Paporrubio xa que cada certo tempo iremos engadindo diversos materiasi que pretendemos que sexan prácticos, divertidos e educativos.

                              Non deixedes de visitalo!!!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut