try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Circulares

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Nas librerías do concello de Tui tamén  teñen as listaxes dos libros para o curso 21-22.

CURSOS GRATUÍTOS NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI. ÚLTIMA SEMANA DE XUÑO

Máis información e matrícula en:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/481

ou chamando ao: 986 60 44 04 ou 687249957

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Informámoslles de que tódalas solicitudes presentadas están admitidas. A listaxe do novo alumnado está publicado na cortiza da entrada principal ao centro.

Seguimos a ter prazas para as solicitudes que se presenten fóra de prazo.

ANIMÁDEVOS FAMILIAS!

DÍPTICO CEIP REBORDÁNS 2021

RESERVA DE PRAZA PARA NOVO ALUMNADO. CURSO 2021-2022

Prezadas familias:

Do 1 ao 22 de marzo ábrese o prazo para a reserva de praza do curso 2021-2022.

ENLACE PARA A RESERVA DE PRAZA

Formas de adquirir a solicitude:

- Na secretaría do colexio.

- Descargándoa no seguinte enlace: ANEXO II, modelo ED550B

Formas de entregar a solicitude:

- De forma presencial, na secretaría do colexio.

- Telemáticamente no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

SE A ENTREGA NA SECRETARÍA DO COLEXIO:

DO 1 AO 22 DE MARZO

de 9:15 a 10:00

ou con cita previa

SE A ENTREGA TELEMÁTICAMENTE:

DO 1 AO 20 DE MARZO

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2021-2022

 NIVEL                        

Nº DE PRAZAS VACANTES 2021-2022
4º Ed, Infantil (3 anos) 22 prazas + 3 prazas ANEAE
5º Ed. Infantil (4 anos)  
16 prazas
6º Ed. Infantil (5 anos) 
16 prazas
   
1º Ed. Primaria 7 prazas + 3 prazas ANEAE
2º Ed. Primaria 11 prazas
3º Ed. Primaria 9 prazas
4º Ed. Primaria 11 prazas
5º Ed. Primaria 10 prazas
6º Ed. Primaria 10 prazas

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro ábrese o prazo de reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2021-2022.

Vai dirixido ao alumnado que remata  etapa nun centro escolar e ten que solicitar praza para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por adscrición.

Para máis información PREMA AQUÍ.

Consultar DOG do 22 de decembro de 2020.

 

 

 

 

FELICITACIÓN NADAL 2020

REPARTO MÁSCARAS DA XUNTA

Do 2 ao 11 de decembro procederase ao reparto de máscaras da Xunta (Orde do 6 de novembro). Son beneficiarias directas as familias ás que se lles proporcionou o cheque de material escolar.

A nai/pai/representante legal de ditos alumnos/as deberán presentarse no centro escolar para recollelas. 

MÁSCARAS: 4 UNIDADES DE 35 LAVADOS C/U

HORARIO: DO 2 AO 11 DE DECEMBRO. DE 09:20 A 10:00 E DE 16:00 A 18:00

Distribuir contido