try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EDLG

FALADOIRO NO CORREDOR

Ola, familias

As profes comezaron a poñer en práctica o aprendido na formación de Plotter. Decidiron acondicionar unha parte do corredor do primeiro piso do cole e convertelo nun Faladoiro. Cada vez na educación ten que estar moi presente, tal e como se recolle na lexislación vixente, a EDUCACIÓN EMOCIONAL.

A educación emocional consiste en que os nenos e nenas aprendan a expresar o senten. O que senten cando están tristes,  frustrados, asustados,cando se enfadan, cando se emocionan.

Parece fácil eh? O difícil é resolver conflictos, controlar esas emocións e poñerlle palabras ao que sentimos. 

Este recuncho é para iso. Poden usalo o alumnado entre eles ou cos profes. Ata o momento é un lugar no que apetece estar. Só queda usalo e disfrutalo.

Ah! E non esquezades que na nosa Tepoteca temos un montón de títulos que nos axudarán a crecer emocionalmente.

CONTINUARÁ...

SAÚDE E BOA ALIMENTACIÓN

Menudos expertos e expertas en vida saudable temos en 6º curso, fixeron un traballo arduo de investigación para informar a toda a comunidade educativa de cómo levar unha vida o máis saudable posible, botádelle un ollo aos traballiños que son moi interesantes.

Clicade nas imaxes para poder ver a información.

Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de primaria!!!

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

Ola, familias.

A pasada fin de semana o noso alumnado de 6º de primaria disfrutou no cámping de Fieitas, en O Grove, da súa excursión de fin de curso. Nun entorno que mistura praia e montaña participaron de actividades de snorkel, piragüismo, escalada e sendeirismo...Pero estamos segur@s que o que nunca esquecerán serán os momentos que viviron xuntos. Botade unha ollada ao vídeo!

  

ELECCIÓNS 2023

Ola, familias.

Explicar aos nen@s o mundo que lles rodea é un modo fantástico de que aprendan e comprendan a súa realidade.

O proxecto do supermercado, no que traballan 2º e 4º, comezou cunhas eleccións como as que teñen lugar hoxe en Galicia nos nosos concellos.

Tiñan que votar o nome do supermercado de forma democrática.

O cartel electoral e a papeleta:

O día das votacións o alumnado de 2º e 4º acudiu ás urnas masivamente.

A sorte estaba botada (nunca mellor ditoRisa)

O reconto das papeletas contou cun presidente de mesa e cunha secretaria, tal e como recolle o regulamento electoral.

Xa temos resultados, o nome gañador foi: CARREFURDÁNS.

E tamén fixeron o nome co logo.

Seguiremos informando do avance do noso supermercado no que traballaremos activamente as matemáticas, as ciencias naturais e sociais, o vocabulario en lingua galega... dun xeito SÚPER-motivador.

CONTINUARÁ... 

MONTAMOS O NOSO PROPIO PORTÁTIL

Ola, familias.

É necesario desenvolver o pensamento computacional. Para iso, puxemos as gafas da imaxinación adiantamos o reloxo 20 anos e convertemos ao noso alumnado en enxeñeir@s informáticos que tiñan que deseñar un portátil nunha empresa.

Coñecemos o que ten por dentro un ordenador no papel e na realidade.

(www.helloruby.com)

Mostran orgullos@s os seus deseños

Continuará...

TIC, TAC, TIC, TAC...XA QUEDA MENOS!

O alumnado de 6º xa está con derradeiros retallos da súa creación cinematográfica. Esteredes comigo en que estamos desexando vela. Xa queda menos, un pouquichiño de paciencia.

Continuará...

IMAXINANDO E CREANDO CON KAPLA!

Ola, familias.

Nesta sesión descubrimos o material de Kapla. Onde descubrimos unha vez máis que o material máis sinxelo pode espertar a nosa imaxinación, creatividade e horas de diversión. E o máis importante... a calquera idade.

Tom Van Bruggen, alá polo anos 60, namorouse dunha granxa en ruinas e dedidiu convertela nun castelo. Para iso quixo construír unha maqueta e creou os seus propios elementos para construíla. Así naceu a tablilla Kapla que permite construílo todo!

Imos comprobar o que fixeron:

Os maiores do cole tampouco se puideron resistir ao Kapla

Pero a Nando... o sistema non lle acabou de convencer e decantouse por algo máis tradicional

Continuará...

FORMACION PROFES

Ola, familias.

Os profes aportamos a nosa experiencia, as ganas de que as vosas fillas e fillos avancen no seu desenvolvemento, a nosa paciencia e os nosos coñecementos. 

Pero temos unha responsabilidade e, en Rebordáns, sabémolo ben. Temos que estar en continua formación para non quedar atrás e poder comprender e acompañar, na sociedade na que vivimos, ao noso alumnado.

Este ano formámonos en Aplicativos da Maqueta Abalar, uso e manexo do Plotter, Competencias docentes, Navegar en rede de forma segura...

Imaxes da formación de Plotter

 

Imaxes da formación da Maqueta Abalar

Continuará...

ENTRE BAMBALINAS - REBORDÁNS, CÁMARAS, ACCIÓN!

Ola, familias.

En plena rodaxe coa aula de 6º vén á nosa memoria a gravación que fixemos hai uns meses co grupo de 5º do vídeo promo do noso colexio.

Mirando ás fotos que fixemos cremos que paga a pena mostrar o que ocorría por detrás, "entre bambalinas"

Porque na viaxe, non só é importante chegar, senón gozar co percorrido. E só hai que ver as fotos para decatarse que eles e elas o gozaron.

Organización da rodaxe:

 Gravando as esceas con croma

 Descansando un pouco...

 As profes orgullosas do traballo do alumnado

 Dentro vídeo!

CONTINUARÁ...

UNHA CLASE DE FÍSICA: MOVEMENTO E FORZAS

Ola, familias.

Se nos falan de física, a maioría de nós botamos a man á cabeza lembrando aquelas clases de EGB onde tiñamos que resolver problemas que nos facían suar.

Aquí tedes a est@s atrevidos, que nesta sesión manexaron conceptos como: planos inclinados, forzas, palancas, movementos...

Aprenderon que son as instrucións e para que serven.

Aprenderon que non precisamos de pilas si usamos as forzas adecuadas para obter movemento.

Aprenderon que se traballamos en equipo é máis doado alcanzar un obxectivo.

E ademais... pasárono de marabilla construíndo cos LEGOS de Polos Creativos.

CONTINUARÁ...

Distribuir contido