try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EDLG

3º DE PRIMARIA PRESENTA: RADIO VIOLETA

Ola familias!

Os nenos e nenas de 3º, no seu programa de Radio Violeta deleitáronnos cunha liña do tempo moi orixinal. Feita con mulleres que loitaron polos dereitos de todas e que, sen dúbida, estivo moi ben acompañada das súas voces e de boa música. Se queredes pasar un bo anaco...premede no PLAY!

 
 

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

ESTREAMOS EQUIPOS DE RADIO.

Ola familias,

Estreamos equipo de radio novo! Mesa de misturas, micrófonos e auriculares profesionais e un portátil. Grazas ao material aportado polo proxecto Polos Creativos.

Os primeiros en probalo foron os nenos e nenas de 4º de primaria. A verdade é que lle deron un moi bo uso. Xulgade vós mesm@s premendo na imaxe.

P.D. Desculpade a calidade do son, pero as profes aínda estamos aprendendo...;)

Entroido, Carnaval, Carnival, Mardigras...

O Entroido deste ano foi "de cine". Non só porque os disfraces foron en sintonía total co noso proxecto de centro senón porque despois dalgúns anos recuperamos a tradición do pasarrúas pola parroquia de Rebordáns. 

Compartimos a nosa ledicia e ganas de troula coas familias que nos acompañaron. Tamén os veciños e veciñas saíron á rúa a festexar con nós.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo:

LENDO XUNT@S NO NADAL!

Premede na imaxe para ver as nosas recomendacións para estas datas.

Participamos no Pleno do Concello contra a violencia de xénero

O pasado venres, o alumnado de 6º participou no Pleno infantil xunto cos nenos e nenas doutros centros escolares do Concello. Diego Sousa e Mara González, en representación dos seus compañeir@s presentaron propostas para concienciar e visibilizar a igualdade, nesta Conmemoración, do 25N, Día Internacional contra a violencia ás mulleres.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo

EU GOSTO DO MAGOSTO!

O pasado día 11 de novembro, pasamos un Día do San Martiño moi entrañable coa celebración do MAGOSTO.

Tivemos música, da man das nosas pandereteiras do cole. Tamén gozamos dunhas riquisímas castañas asadas, grazas á colaboración da AMPA. E por último unhas xornada de xogos populares, organizados con moita ilusión pola profe Coral e o equipo de extraescolares, nos que misturados por cursos gozamos ata o último minuto.

Pinchade na imaxe para ver a galería de fotos.

SAMAÍN EN REBORDÁNS

Ola familias!

Como todos os anos, o Samaín chegou ao cole de Rebordáns. Entre cabazas, tradicións, medo e lecturas ás escuras gozamos con esta celebración. Coma sempre, un agradecemento especial ás familias pola vosa implicación na exposición de cabazas. Menudas maravillas!

Pois pinchade na foto para acceder á galería e disfrutar con nós.

LECTURAS ÁS ESCURAS

Un ano máis o espírito de Samaín chegou ao cole de Rebordáns.

E as lecturas ás escuras non podían faltar...

Premede na imaxe para ver o vídeo.

Distribuir contido