try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

recomendacións

LENDO XUNT@S NO NADAL!

Premede na imaxe para ver as nosas recomendacións para estas datas.

EDUCAMOS NA IGUALDADE - 25 N

Familias!

Dende a Tepoteca, neste 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, queremos recomendarvos algúns dos seguintes títulos. 

Premede na imaxe para ver.

Gozade da montaxe realizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Poderedes ver as fotografías do noso alumnado que pretenden sensibilizar sobre a eliminación da violencia sobre as mulleres a toda a comunidade educativa do CEIP de Rebordáns.

CONTINUACIÓN BOOKTUBERS

Aí van os novos vídeos...

Xavi Rocha de 5º de infantil vainos propoñer Feliz Navidad, Lobo Feroz e por outra banda a súa irmá Iria Rocha de 3º de primaria, a colección El Diario de Greg e Cerdito de Navidad.

        

 

Seguimos con irmás, Lucía Barbosa de 6º de primaria e Diana Barbosa, exalumna do cole, tamén aportan as súas lecturas.

          

INICIAMOS A SEMANA CON NOVOS BOOKTUBERS!

Comezamos esta semana coas pilas moi cargadas e moi entusiamados pola vosa implicación nas recomendacións lectoras.

Moitísimas grazas, familias!

A continuación, podedes ver as novas. Non perdades detalle. Son todas estupendas.

Carmen Pérez de 5º de primaria quere presentarnos a colección La diversión de Martina.

 

Alba Carrera de 3º de primaria  recoméndanos Karina & Marina. Un minuto para triunfar.

 

Xiana Soutelo de 4º de primaria fálanos de dous libros, un en galego e outro en castelán; Escarlatina, a cociñeira difunta e ¿Papá, dónde se enchufa el sol? Non podemos obviar dicir que somos fans dos libros de curiosidades.

 

       

De 4º de Infantil, Emma Vázquez, xunto coa súa tía, quere mostrarvos El monstruo de colores. Aquí tedes o vídeo.

 

Agradecemos a Noa Mariño de 3º de primaria por aportar tamén o seu libro O cabalo. É que os libros de animais... encántannos!

E os irmáns voltan a recomendar. Neste caso son Andrea Sousa de 3º de primaria e Diego Sousa de 5º de primaria, que queren mostrarnos Los Cinco. Tim resuelve un caso; e El Gran Regreso al Reino de la Fantasía. 

Tomamos nota!

                                 

 

Parabéns a todas as familias! 

BOOKTUBERS EN ACTIVO

E seguen chegando! Non perdades detalle das novas achegas!

Yoli, a nai de Xiana Alonso de 5º de Infantil, preséntanos Mi corazón. Parabéns!

 

E de novo dous irmáns, Mara Fernández de 3º de Primaria e Álex Fernández de 4º de Primaria, queren mostrarnos estas dúas coleccións, Las Ratitas e Mini Timmy.  

                                     

 

Ana Pérez de 6º de Primaria e a súa nai, amósannos unha recomendación moi creativa.

Premede na imaxe para ver o vídeo. 

Neizan de 5º de Infantil maila súa irmá Naihara de 3º de primaria móstrannos dúas máis. Parabéns!

                           

Moitísimas grazas, familias! Grazas por compartir as vosas lecturas.

Para ver os vídeos, lembrade premer nas imaxes.

XA TEMOS MÁIS... NOVA ENTREGA DE BOOKTUBERS!

Xa temos novos booktubers!

Parabéns a Noa Fernández de 5º de Infantil e a súa nai; e tamén a Lucas Fernández de 3º polas súas estupendas recomendacións, para velas preme na imaxe.

                                      

 

Felicitamos tamén a Marta González de 6º e ao seu irmán Lucas González de 3º polo seu súper orixinal vídeo de recomendación da colección Los Compas. Para velas preme na imaxe.

Parabéns, rapazada!

Esperamos moitas máis recomendacións!

ESTRENAMOS A SECCIÓN: BOOKTUBERS.

Que emoción! Xa temos a nosa primeira recomendación literaria.

Moitas grazas a Xián de 5º de primaria pola súa estupenda achega. Apuntada queda.

Parabéns!

 Preme na imaxe para ver o vídeo.

Distribuir contido