try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

chuvia de ideas

INTELIXENCIA DOS ORDENADORES?

E seguimos a entrenar duramente ás nosas neuronas. Esta vez partimos da pregunta: Poderían dominar as máquinas ás persoas?

As respostas foron diversas...en ambos sentidos. A polémica sembrouse coa frase proposta por min: "os ordenadores son tontos"

¿E daquela...a INTELIXENCIA ARTIFICIAL? Dela falaremos máis adiante.

Polo momento, falamos da necesidade da mente humana para "ordenar" aos ordenadores e que eles obedezan.

Xogamos a dar instruccións precisas para cousas cotiás: limpar os dentes, ir ata un porta e abrila ou rascar a cabeza...

Decatámonos de que é máis difícil do que parece. 

Apareceu por primeira vez a palabra ALGORITMO, que son un conxunto de instruccións que lle damos ao ordenador para que realice unha acción.

CONTINUARÁ...

ANALIZANDO O DIXITAL NA NOSA VIDA COTIÁ

Na seguinte sesión, adentrámonos nesas ideas preconcebidas que temos na cabeza e que é necesario "sacudir" para poder aprender. Por exemplo, cantos ordenadores tocamos a diario desde que nos levantamos ata que chegamos ao cole?

Isto lévanos directamente a pensar...que se pode considerar un ordenador? Que ten un ordenador dentro? Ou para que se usan os ordenadores en distintas profesións?

A discusión pedagóxica está asegurada. Agora só queda aprender!

CONTINUARÁ...

QUE É ISO DOS POLOS CREATIVOS?

Comezamos as sesións de Polos Creativos facéndonos preguntas. Como non pode ser doutro xeito.

As respostas foron do máis variopintas: que si íamos comer polos de xeados, que si íamos falar dos polos animais, que si tiña que ver co Polo Norte e Sur ou si tiña que ver cos polos das pilas.

O da creatividade tivéronno máis claro: crear cousas, imaxinar, facer manualidades...

Entón propúxenlle unha adiviña cun ACRÓNIMO en inglés: STEAM  e o resultado foi didáctico e divertido! Traballaremos ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, misturando coñecemento e creatividade.

Teño que dicir que o alumnado está moi motivado cos Polos Creativos e a participación da maioría e o entusiasmo fai que as sesións sexan xeniais.

E para mostra...estas imaxes:

 CONTINUARÁ...

Distribuir contido