try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EduExcelencia

APRENDENDO SCRATCH_ PROGRAMACIÓN

Ola, familias.

Para "falar" cun ordenador é necesario coñecer a súa linguaxe, é dicir programación. Así que comezamos por aprender que hai diferentes linguaxes de programación, e que este ano imos aprender, a máis sinxela, Scratch.

No segundo e terceiro ciclo, adicámonos este curso a aprender programación con Scratch, chamado Scratux, na nosa maqueta Abalar. O Scratch consiste en crear códigos a base de bloques (instruccións) que nos permitirán dende crear presentacións animadas ata crear sinxelos videoxogos.

Pero unha das cousas máis interesantes, do Scracht é que nos vai permitir manexar moito do material de Polos Creativos. Crear e programar robots, usar tarxetar intelixentes (Makey-makey ou Microbit), facer música co ordenador ou ata manexar os movementos das nosas construcións de Lego.

Comezaron polo máis sinxelo, que era mover unha letra:

E cando rematou o segundo trimestre xa faciamos historietas animadas cunha personaxe.

CONTINUARÁ...

INICIO DA RODAXE EN 6º

Ola, familias!

Despois dun trimestre de duro traballo para os de : recompilar material, preparar storyboards e moito escribir e pensar...Por fin chegou o momento máis desexado: a rodaxe.

Aínda non vos podemos contar moito, porque é un pouco segredo. Pero hoxe en Polos Creativos respirouse ilusión, motivación e ganas! Neste ambiente o resultado está case garantido!

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

Distribuir contido