try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Novas

Xornada de piragüismo no Miño

O alumnado de 3º ciclo desprazouse ata Tui para realizar unha xornada de piragüismo no clube "Kayak Tudense".

A actividade fundamental deste clube, fundado no ano 1979, é o piragüismo de competición ; co obxectivo de dar a coñecer este deporte , membros do clube ensinaron aos alumnos e alumnas os fundamentos teóricos .

Pero o divertido foi montar nas piraguas e navegar polo Miño ,e despois do exercicio un refrescante baño...

 

 

  

 

Visita á Depuradora de Guillarei

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP realizou unha visita guiada ás instalacións da EDAR ( Estación Depuradora de Augas Residuais ) de Guillarei.

Durante o percorrido polas instalacións ,o alumnado puido observar o alto poder contaminante das augas residuais que necesitan ser depuradas ,a través de diferentes procesos, antes de ser vertidas ao cauce do Miño.

O destino final dos lodos resultantes  é a reutilización agrícola.

A visita resultou moi interesante, xa que rematou coa observación ao microscopio de protozoos.

    

                                         O alumnado nas instalacións da EDAR.     

Distribuir contido