Skip to Content

XOGOS COOPERATIVOS "DÍA DA PAZ".

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, en cada aula elaboramos diferentes xogos cooperativos con material de refugallo e así gozar conxuntamente de todos eles. Pasámolo xenial!  

(Podedes ver o vídeo premendo na imaxe)

“Consellos para un Entroido seguro e sen riscos"

O pasado mércores, tivemos na biblioteca, unha charla-obradoiro sobre “Consellos para un Entroido seguro e sen riscos”, impartido por Ana, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dirixido a todo o alumnado de Educación Primaria.

Os obxectivos centráronse en informar sobre os riscos dos disfraces e complementos do Entroido e se cumpren coa normativa, coñecer a etiquetaxe dos produtos e divulgar o traballo do Laboratorio de Consumo de Galicia.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO.

PAZ 2023.

O noso alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria sorprendeunos cunha impresionante coreografía para conmemorar o Día da Paz, feita cunha peza de Amelie! Coas súas ganas de aprender e traballar en equipo, esforzáronse duramente para crear unha coreografía chea de paz e diversión. Dámoslle as grazas pola súa dedicación e esforzo! Parabéns polo gran traballo!

Que gran traballo o do alumnado do noso centro! Todas as coreografías e as mensaxes incluídas nelas, foron creadas unicamente por eles. Estamos incriblemente orgullosos da súa creatividade e dedicación!

Os movementos e as letras das cancións son o reflexo do seu esforzo e traballo en equipo. Cada un deles contribuíu coas súas ideas e traballou duro para conseguir un resultado impresionante.

Parabéns! Esperamos ver máis do vos talento no futuro!

DÍA DA PAZ

Nas aulas de Infantil conmemoramos o día da PAZ con xogos colaborativos e mostras de unión e solidariedade que podedes ver nas seguintes imaxes:

                          PAZ

AS BRUXAS NO CEIP FONDO NOIS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil do CEIP FONDO NOIS protagonizaron o proxecto das BRUXAS, podes  facer click nas letras e o vídeo e imaxinar o ben que o pasaron!!

 

AS BRUXAS

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Dende o equipo de biblioteca propoñémosvos as seguintes lecturas para conmemorar o 30 de xaneiro "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ".

ECO-AUDITORÍA DA AUGA NO CENTRO ESCOLAR.

Onte, os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca a actividade ECO-AUDITORÍA DA AUGA NA CASA E NO CENTRO, impartida por Martina e Manuel da Universidade da Coruña, na que reflexionamos sobre o consumo de auga e o seu derrame e coñecimos diferentes formas para reducilo a través dunha experiencia práctica nos lavabos do centro.

Esta actividade está organizada pola Universidade da Coruña, no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa dentro do proxecto "Mariña Ambiental".

(Preme na imaxe para ver as fotos)

ADMISIÓN CURSO 2023-24 (DO 16 de Xaneiro ata o 6 de Febreiro)

Aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

RESERVA DE PLAZA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINUA ESTUDOS NO IES DE FOZ.

Podese facer de varios xeitos:

 

- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Podedes acceder ao impreso en aquí.

 

Mais información clicando no seguinte enlace: ADMISION

 

 

DATA LÍMITE: 6 DE FEBREIRO DE 2023.

 

 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL.

O pasado 22 de decembro, para rematar o primeiro trimestre e comezar as vacacións de Nadal, realizamos diferentes actividades especiais: recibimos a visita de Papa Noel, participamos en diferentes obradoiros de construción de xogos, celebramos as badaladas de Fin de Ano, entregáronse os diplomas e medallas do Xacobeo Mariñán ao nenos e nenas que remataron as rutas e disfrutamos dunha gran variedade de actuacións protagonizadas polo alumnado. 

A continuación deixámosvos varios visionados das mesmas.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut