Skip to Content

Excursión en O Grove. Día 1.

O alumnado de 5° e 6° de Primaria, estamos disfrutando duns días en O Grove. Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o estamos a pasar!

E se chove, que chova!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfondonois/galeria/thumbnails.php?al...

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 9.

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos fala das piñas dos piñeiros, máis coñecida na nosa zona por CAROCAS.

Coma sempre, quedou xenial! Parabéns!

MARIÑA AMBIENTAL.

O pasado venres, presentaron no noso cole a segunda edición do programa Mariña Ambiental, actividade organizada pola Universidade da Coruña (UDC), no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa.

Ademáis, realizáronse diferentes actividades relacionadas coa xestión dos residuos seguindo os principios de prevención, recollida separada, compostaxe e reciclaxe, entre elas: cálculo da pegada ecolóxica da xeración de residuos, Eco-auditoría de residuos (cantidades, composición e recollida separada) e limpezas da Praia dos Xuncos.

AO AIRE LIBRO 2023

O luns 24 de abril conmemoramos no noso colexio o Día do Libro, realizando a III Edición da actividade ´AO AIRE LIBRO´. 

Para ver as fotos, preme na imaxe.

BOTA, BOTA A PELOTA.

EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA: 2º, 3º E 4º DE EP

O pasado 13 de abril, o alumado de 2º, 3º e 4º de EP saíron de excursión a Santiago de Compostela.

Pola mañá realizamos unha visita guiada ao Museo de Historia Natural onde puideron apreciar a diversidade de especies animais, de plantas, de rochas e de minerais.

Pola tarde participaron en diversas actividades no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

AS PROFESIÓNS

OS/AS NENOS E NENAS DE INFANTIL, ESTAMOS TRABALLANDO AS PROFESIÓNS, POR ISO AO LONGO DESTE TRIMESTRE NOS VISITARON VARIAS FAMILIAS PARA CONTARNOS EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO.

PASÁMOLO EN GRANDE E ESPERAMOS QUE MOITAS MAIS FAMILIAS VOS ANIMEDES! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO NO VÍDEO QUE APARECE A CONTINUACIÓN (FACEDE CLICK NA IMAXE):

 

3ª XORNADA DO CAMPIONATO COMARCAL DE XADREZ..

O pasado sábado 18 de marzo, parte do noso alumnado participou na 3º e derradeira xornada do Campionato Comarcal de Xadrez dentro do Programa Xogade (Xogos Deportivos en Idade Escolar) nas categorías de benxamín e alevín, que tivo lugar no pavillón dos Castros de Burela, destacando o terceiro posto obtido polo noso equipo alevín, acadando a medalla de bronce.

 Parabéns a todos/as os/as participantes!

 

(Prema na imaxe para ver as fotos de dita competición)

 

FUNCIÓN NA SABANA.

OS/AS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS, DAN A BENVIDA Á PRIMAVERA

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut