Skip to Content

O MECO DI...

Chega o Entroido e un ano máis o noso amigo O Meco volve coas súas ordes para facernos pasar unha semana moi divertida. Animádevos!

COMPARTINDO CONTOS.

Onte,  disfrutamos na nosa biblio, dunhas sesións de contacontos a cargo do alumnado de 5º de Primaria, nas que compartiron cos máis peques (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria) os contos “A TEA DE ARAÑA”  e “IRIÑA BAILARINA”.

Sodes uns excelentes narradores!

A continuación podedes ver os vídeos premendo nas imaxes.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Dende o equipo de biblioteca propoñémosvos as seguintes lecturas para conmemorar o 30 de xaneiro "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ".

CAPÍTULO 13. "TAS OU NON TAS"

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos falan dos chícaros, un produto moi presente na historia da xente de Foz, xa que supuxo un recurso moi importante na mesa e nas economías familiares no século pasado.

SESIÓNS DE CINE NOS RECREOS.

Despois das obras, por fin podemos voltar á biblioteca nos recreos, retomando o noso proxecto "Estamos rodeados". Todos os xoves teremos unha sesión de cine, na que se proxectarán os capítulos da serie de animación "Diminutos". Anímate a vir! 

NADAL 2023

O 21 de decembro celebramos no colexio a despedida do ano. Foi un día moi divertido. Podedes ver un resumo premendo na imaxe.

XOVES, 21 DE DECEMBRO.

VISITA DA APALPADORA

Hoxe tivemos a grata visita da filla do apalpador, Antía Vázquez, acompañada do músico André Espiñeira, para deleitarnos cun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturaron cantigas, lendas e dinámicas. 

Esta actividade está organizada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

25 N. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende os Equipos de Biblioteca e EDLG e con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER reivindicamos os dereitos das mulleres e das nenas no DEPORTE.

 Actividades realizadas:

  • Contacontos nas aulas de Educación Infantil e Primaria:

             - Nin un biquiño á forza. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria).
             - O teu corpo é teu. (3º e 4º de Primaria)
             - Iriña bailarina. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria)

  • Charla de Andrea de Luis Iglesia. Árbitra de fútbol-sala.
  • Charla sobre a historia do deporte feminino e das desigualdades actuais no mesmo. (4º, 5º e 6º de Primaria)
  • Visionado e posta en común da película “Quiero ser como Beckam”. (4º, 5º e 6º Primaria).
  • Obradorio de estereotipo e respecto á intimidade. Asociación Cromosomos X.
  • Coñecer a diferentes mulleres galegas deportistas (lecturas, investigación, murais…) AXENDA 2022, elaborada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

            O DEPORTE NON TEN XÉNERO!

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O pasado venres 10 de novembro, celebramos o MAGOSTO no noso centro, levando a cabo diferentes obradoiros relacionados co outono e a degustación das castañas.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut