Skip to Content

SAÍDA A CORUÑA

O xoves 8 de xuño, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria realizaron unha saída á Coruña para dar continuidade ao programa Mariña Ambiental, levado a cabo durante este curso. 

Fixemos un percorrido polas instalacións da OMA, no campus da Zapateira, na UDC:

  • Comprobamos como realizan a compostación dos restos dos comedores da Universidade.
  • Observamos como se leva a cabo o aproveitamento do compost nas súas hortas.
  • Fixemos un percorrido polo Monte da Fraga.

Pola tarde visitamos A Casa do Home e A Casa dos Peixes. Foi un día moi intenso pero moi divertido.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

 

SAÍDA A MARCELLE

O venres 26 de maio, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha saída ao zoolóxico "Marcelle Natureza", en Outeiro de Rei. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

CHARLA "EU COMO PEIXE".

O pasado 31 de maio  o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiu na biblioteca a charla "Eu Como Peixe", da man da Organización de Produtores de Pescado do Porto de Burela (OPP-7) e da nutricionista Alba Vila e así coñecer os beneficios de comer peixe, identificar as especies que captura a flota da zona, como a merluza de pincho, o peixe espada, a cabala… e aprender as diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.

Ao final as nenas e nenos recibieron un delantal e un gorro de chef como obsequios.

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano, durante todo o mes de maio realizamos diferentes actividades relacionadas co autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Entre elas:

- Coñecemos a vida do autor e fixemos libros coa súa biografía, en 1º e 2º e un cómic en 3º e 4º de Primaria. Tamén fixéronse varios xogos, en soporte papel e interactivos 

- Como lle gustaba tanto ler os contos de Calleja, entre eles “Un mundo al revés”, os nenos e nenas de Infantil imaxinaron como podería ser ese mundo.

- De pequeno xogaba con xogos tradicionais e gustáballe moito a música, polo que o pasado xoves 11 de maio, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

- O martes 16 de maio, acudimos ao cine a Ribadeo a ver a película en galego de Chelo Loureiro, titulada “VALENTINA” e desta maneira lembrar que Francisco cando estaba en Monforte de Lemos, ía ao Cine Moderno Barbagelata.

- Destacar que tivo que usar pseudónimos á hora de publicar as súas obras, polo que os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron o seu propio libriño coas súas citas célebres co corresponde pseudónimo de cada un.

- Lembrando que escribiu libros sobre Danzas Populares, levamos á práctica conxuntamente a “DANZA DOS ARCOS” dende o centro ata a Praia de As Polas.

- O homenaxeado no libro “GALIZA” propón unha ampla viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, rememorou dito libro realizando eses itinerarios interactivos acompañados de fotografías e vídeos de cada lugar. Ademais, realizamos un roteiro a pé dende a desembocadura do Río Ouro ata o centro, visitando os arredores do río, O Portiño e Castro de Fazouro, o Porto baleeiro, o lavadoiro tradicional…

- En plástica, elaboramos simpáticas caricaturas do autor e gravouse un programa especial das Letras Galegas de “TAS OU NON TAS”, titulado “Que fixo Francisco Fernández del Riego por nós?”, parodiando “Que fixeron para nós os romanos?” da películaa Vida de Brian.

 

CHARLA DE NUTRICIÓN - HÁBITOS SAUDABLES.

Hoxe o alumnado de Educación Primaria recibiu na biblioteca unha charla a cargo de Leticia, sobre Nutrición e Hábitos Saudables, organizada pola FAPACEL e solicitada pola ANPA para o noso centro.

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B).

 

• A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2023/24 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 

• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 22 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

 

• Onde se presentan as solicitudes?

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

ADMISIÓN CURSO 2022-23.

MARIÑA AMBIENTAL 9 MAIO

 

O pasado martes, 9 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP participaron nunha actividade do programa Mariña Ambiental (da UDC). A actividade consistiu en realizar unha saída a pé, dende o colexio ata Riosmar, na desembocabura do río Alemparte. Despois de recibir as indicacións oportunas, realizaron unha recollida de lixo na mesma praia. Logo, clasificaron os resíduos e leváronos aos colectores correspondentes. Resultou ser unha actividade moi interesante, na que o propio alumnado quedou asombrado da cantidade de lixo que atoparon.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

 

CONCERTO DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA.

O pasado xoves, 11 de maio, dentro do noso proxecto en conmemoración do Día das Letras Galegas, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

A Real Academia Galega adícalle a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010) o Día das Letras Galegas 2023.

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut