Skip to Content

DÍA DO LIBRO. Ao aire libro.

A continuación podedes ver as fotos da actividade "AO AIRE LIBRO", realizada o pasado venres na commemoración do DÏA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021 

Día do Libro 2021.

Mañá para conmemorar o Día Internacional do Libro realizaremos a actividade “AO AIRE, LIBRO” e así desfrutar tamén da lectura fóra das aulas.

(Preme na imaxe para ver o vídeo promocional realizado polo alumnado de 4º de Primaria)

Conto dramatizado "Feliz Feroz"

No 2º trimestre , dende a biblioteca, realizouse unha actividade de animación lectora co alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria, coa dramatización do conto  "FELIZ FEROZ", traballado previamente polas nenas e nenos de 2º de Primaria.

Proxecto astronauta.

Con motivo do proxecto "O ASTRONAUTA" que desenvolvemos durante este trimestre, os nenos e nenas de 6º de EI do noso cole, fixeron entre todos un vídeo, esperamos que vos guste:

La Tierra, Espacio, La Luz Del Sol, Rayos De Sol

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o 8M (Día Internacional da Muller), o alumnado do noso centro realizou diversas actividades:

- O alumnado de 4º de Primaria elaborou un audiolibro co conto "Artur e Clementina". Podedes velo no seguinte vídeo.

 

- O alumnado de 1º de Primaria decorou unha xardiñeira cunhas flores especiais, nas que se poden ler mensaxes que resaltan o valor das mulleres na sociedade. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, os/as alumnos/as do noso centro realizaron diversas actividades nas aulas. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

DÍA DE ROSALÍA.

O pasado 24 de febreiro celebramos o “Día de Rosalía de Castro”, data na que se conmemora o seu nacemento. O alumnado do noso centro realizou varias actividades na aula para celebrar este día.

- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º elaboraron un mural de Rosalía ao estilo Andy Warhol e compuxeron uns vídeos. Podedes ver o seu traballo a continuación:

 

- Os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha unidade didáctica sobre a vida de Rosalía e o poema "Follas Novas". Podedes ver as imaxes premendo na foto:

TELECOGULEO. INVASIÓN EXTRATERRESTRE.

TELECOGULEO INFORMA:

Deixámosvos a noticia íntegra sobre a invasión extraterrestre que aconteceu o pasado venres 12 de febreiro no CEIP Fondo Nois.

Moitas grazas a todos os participantes pola súa colaboración e agardamos que vos guste!

TELECOGULEO. ÚLTIMA HORA!

TELECOGULEO INFORMA:

Deixamos un breve resumo sobre o que aconteceu onte, día 12 de febreiro, no CEIP Fondo Nois. 

En breve, seguiremos informando.

 (Preme na imaxe para ver o vídeo)

NOVA DE ÚLTIMA HORA!

 

(Prema na imaxe para ler a nova)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut