Skip to Content

ANTROIDO 2021

Chega o Entroido e este ano visítanos un novo compañeiro, o noso querido Meco. Para a vindeira semana, do 8 ao 12 de febreiro, o Meco daranos unha orde que intentaremos cumprir.  Animádesvos'

 


  (Prema na imaxe para descargala)

 

 

 

O CLUB DOS RAROS.

Dentro do taller de Animación á Lectura, o alumnado de 3º de Primaria tamén realizou unha actividade relacionada co libro “El club de los raros”  de Jordi Sierra i Fabra, onde realizaron as descricións dalgúns personaxes do club.   

 

FELIZ FEROZ

O alumnado de 2º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou unha actividade relacionada co libro “Feliz Feroz” de Miguel Ángel López “El Hematocrítico”. Realizaron uns debuxos preciosos! Podedes vela na seguinte publicación.

POLO OLLO DA PECHADURA, GUSTARÍAME VER...

O alumnado de 5º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou a actividade POLO OLLO DA PECHADURA GUSTARÍAME VER…, relacionada co libro “Vic e Bombona” de Sara Barreiro. Podedes vela na seguinte publicación.


Hábito lector en Educación Infantil (1º trimestre)

Dende a Biblioteca seguimos fomentando o hábito lector coa realización de actividades relacionadas con diversos contos infantís: Cocorico, Chocolata, La Castañera Felipa, El reno de Navidad... 

Preme na imaxe para ver as fotos.

FESTA DE NADAL

O pasado 22 de decembro celebramos no noso colexio unha festa de Nadal. Nesta ocasión quixemos despedir o ano todos xuntos. Por iso fixemos unha simulación das badaladas, sempre tendo presentes as medidas de seguridade e protección fronte á Covid-19. 

Foi un día moi especial no que todos/as desfrutamos comendo doce gusanitos ao son das badaladas e bailando no patio do colexio. 

Podedes ver algunhas fotos premendo na imaxe.

Nochevieja Imágenes - Descarga imágenes gratis - Pixabay

Nadal 2020 - Somos Resilientes

Xa podemos ver o videoclip que gravamos no centro nos últimos días do primeiro trimestre do curso 20/21. Agardamos que vos guste:

25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  A continuación deixámosvos uns vídeos realizados polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para reivindicar dita loita.

Música. El Diluvi. E ti, só ti (Con Sés)

 

Saída á praia.

O pasado 11 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída á Praia dos Xuncos, e así realizar unha xornada de convivencia dentro do grupo-clase, gozar da natureza e aproveitar o bo tempo. Pasámolo xenial!

Prema na imaxe para ver as fotos.

SAMAÍN 2020

O 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasámolo moi ben. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut