Skip to Content

Abecedario do mar.

Libro realizado no curso 2019-20 polo alumnado de 1º  de Primaria, dentro do proxecto "O MAR".

Conto de 5º de Primaria. Curso 2019-20.

Conto realizado polo alumnado de 5º de Primaria no curso 2019-20, dentro do noso Proxecto de Biblioteca titulado "O MAR".
  

IMPRESOS PARA CUBRIR AS FAMILIAS

Nos arquivos adxuntos tedes á vosa disposición os diversos impresos para xustificar faltas de asistencia, de puntualidade, impreso de saídas puntuais, de medicación e de autorización de imaxe. Podedes cubrilas por vía telemática e envialas ao correo electrónico do colexio cubertas e firmadas (ceip.fondo.nois@edu.xunta.gal)

Lembrade que a autorización de imaxe persoal debe ser entregada todos os anos.

 

ADAPTACIÓN CURSO 2020/21

CARTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS POR MOR DO COVID-19

Modelo de autodeclaración comedor escolar

Están dispoñibles no centro os modelos de autodeclaración de comedores escolares, lembrade cubrilo antes do comezo das clases!

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2020/21

Adxuntase a listaxe de libros do alumnado para o curso 2020/21:

 

 

BIBLIOTECA ESCOLAR: Actualizado 01/06

01/06/20

Hoxe celebramos o Día da Arte Galega na Escola, coincidindo co aniversario do nacemento do artista Luis Seoane.

Coñecemos mediante estes dous vídeos a dous artistas galegos con cadros de estilos ben diferentes: Leandro Lamas, cun estilo luminoso e colorido, e Urbano Lugris, o chamado pintor do mar. Os dous moi diferentes pero fermosos.


 

23/05/20

Ola! 

Xa temos o resultado do voso traballo colaborativo (aínda dende a distancia). O conto de Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva" ilustrado por nenos e nenas de todas as clases do noso cole. Grazas a alumnado e familias pola participación.

 

20/05/20

Bo día!

Para hoxe seguimos coas Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano. Podedes saber máis cousas del mediante a seguinte actividade en forma de misterio. Poderedes resolvelo?

Lembrade que tamén temos, na actualización do día 15, aberta a convocatoria de debuxos para facer un traballo colaborativo sobre "As pitas baixo a choiva". Animádevos!

17/05/20

Bo día!

Deixamos por aquí unha pequena versión do conto "As pitas baixo a choiva" en forma de canción. Agardamos que vos guste!

Animádevos a participar na proposta do día 15 para facer un vídeo colaborativo. 

Feliz día das Letras Galegas!

 

15/05/20

Bo día!

Xa sabedes que o día das Letras Galegas é o 17 de maio, dende a biblioteca do colexio queremos celebralo ilustrando entre todos un conto do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.

O conto é “As pitas baixo a choiva”, e podédelo ver en:

https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA&t=80s

Que tedes que facer? Buscar no listado de embaixo o voso curso, poñerse a debuxar e pintar e enviarlle a vosa obra de arte á vosa titora. Logo con todos os debuxos montaremos o conto que poderedes ver na web do cole. Tedes toda a semana que vén para facelo.

 

ILUSTRACIÓNS:

  1.             Nubes negras, lóstregos, choiva... Infantil3 anos

  2. Roupa no tendal mollada. Infantil 4 anos

  3. Un curral con pitas e un galo. Pitas cacarexando, poñendo ovos, comendo millo... Infantil 5 anos

  1.              Unha cabuxa. Primeiro

  2.              Pai bicando a Ricardo. Segundo

  3.              Pitas mollándose. Terceiro

  4.             Ricardo de pequeno nunha casa de aldea. Cuarto

  5.             Ricardo mollado, baixo a choiva chamando ás pitas: churras! Quinto

  6.             Pai, nai, tía, avoa perseguen ás pitas mentres chove. Sexto

 

 

14/05/20

O conto clásico de Riciños de Ouro ten moitas versións. Unha delas é a editada pola editorial OQO chamada "Tres osos". 

O profe Iván conta este conto cun pequeno vídeo feito en stop motion e a axuda dunha osa mediana e un oso pequeno cantando. A ver se vos gusta!

08/05/20

Hoxe deixámosvos un par de vídeo das clases de terceiro e cuarto que fixeron para o día do libro. Cada neno/-a le o seu libro favorito para participar nestes fermosos vídeos colaborativos.

TERCEIRO:

CUARTO:

07/05/20

A Biblioteca do CEIP Fondo Nois leva dous anos pertencendo á Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Cada ano, arredor do día das Letras en maio levábanse a cabo unha manchea de actividades, co prato forte dunha exposición conxunta de todos os centros que compoñen a Microrrede. Evidentemente, este ano non vai poder celebrarse, e dende cada un dos centros elaborouse unha imaxe que forma parte do seguinte vídeo. Agardamos que vos guste.

Esta foi a imaxe que propuxemos dende o cole:

 

05/05/20

Hoxe traemos un concurso. Trátase do concurso AbrazArte, no que mandamos unha aperta aos nosos maiores que viven en residencias. Como? mediante a arte. Na seguinte imaxe tedes toda a información!

04/05/20

O outro día falabamos das editoriais que abriron ou crearon contidos. Hoxe deixamos outros de editoriais e outras entidades que son contos específicos sobre o coronavirus. Un xeito de aproximar e concienciarse dun xeito ameno pero aprendendo cal é a realidade.

 

30/04/20

As editoriais están aportando o seu gran de area neste encerro abrindo materiais online que eran de pago ou con outras iniciativas. Aquí vos deixamos os contacontos que a editorial Anaya e SM que deixaron en Youtube:

 

29/04/20

Hoxe deixamos a ligazón a un bloque que fixo unha recompilación de comics para pequenos e non tan pequenos aos que, de seguro, lles trae moitos recordos.

 

27/04/20

Un xeito interesante de seguir tendo acceso ás Bibliotecas é mediante o préstamo de libro electrónico. 

O Concello de Foz está a facilitar o trámite do acceso ao novo carné de GaliciaLé.

Tedes todos os datos na seguinte ligazón do Facebook oficial do Concello:

FACEBOOK CONCELLO DE FOZ

 

23/04/20:

Hoxe é un día especial na nosa e en todas as bibliotecas, porque hoxe é o día do libro. Lembrades este día no cole? O apadriñamento lector era xa un clásico despois do recreo!

Hoxe queremos lembrar un deses días aló polo curso 2013/2014 no que o alumnado de primaria fixo o seu retrato e foi modificado para que dixesen por que lle gustaba ler a cada un.

 

Ademais, dende o Departamento de AL fixeron unha pequena escolma de contos que atenden á diversidade, algo tan necesario e aínda pouco visibilizado.

Podedes atopar as recomendacións premendo na foto:

22/04/20:


Para hoxe traémosvos unha curtametraxe, ou mellor cinco. Tratan sobre o descubrimento do interese pola lectura. Son da editorial Vicens Vives e podedes velos na seguintre imaxe

21/04/20:

Unha recomendación en forma de poema con consellos para acabar co coronavirus. Podédelo ver na páxina de lapiceiro máxico. Recomendámosvos botar unha ollada a toda a páxina porque ten recursos sobre escritura e lectura moi amenos. Unha pasada!

20/04/20:

Hoxe tedes este fermoso conto que contou parte do noso profesorado para o alumnado de infantil. Deixámolo por aquí tamén. Agardamos que vos guste!

 

16/04/20:

Pensabades que xa nos esqueceramos do mar? Pois non. Aínda nesta situación pode ser un bo entretemento para vós.

Hoxe podemos traballalo mediante o seguinte libro: Os arroases (a súa primeira aventura)

Desfrutádeo!

 

14/04/20:

Ola, nenos e nenas! Todo ben?

Hoxe queremos traervos aquí un libro que se fixo por encargo da Organización Mundial da Saúde e Unicef para axudar aos máis pequenos a entender a situación pola que estamos pasando. Como poden os nenos e nenas loitar contra o COVID-19?

Podedes velo ou descargalo na seguinte imaxe:

 

03/04/20: 

Ola de novo. Para hoxe uns consellos en forma de vídeo: a páxina de Kalandraka TV

Nesta páxina podedes ver moitísima xente que conta os contos da editorial, dende os contos máis clásicos ata novas creacións. Moitos deles xa os vimos no cole pero, escoitados por outras persoas, sempre atopamos detalles novos.

Desfrutádeos en familia!

 

 

31/03/20: 

Para non esquecer o tema do mar, dende a biblioteca vos queremos recomendar alectura do cómic “De terra ou mar”:

Neste libro ilustrado compártese cos lectores a aventura do descubrimento do océano.

Dous personaxes novos, os nosos viaxeiros Anna e Iñaki, empregarán unha estratexia que nos permita comprender e "visualizar" mellor o medio mariño: buscar as semellanzas ou paralelismos que observamos entre o medio aéreo (ou "terra") e o ambiente mariño. Durante a viaxe empregarán diferentes técnicas para amosarnos o que ven. Por terra camiñarán, con vehículos ou con pequenos avións. No mar empregarán unha ampla gama de técnicas, equipos e tecnoloxías que van desde o simple mergullo ata o mergullo, o uso de robots subacuáticos e submarinos tripulados, así como técnicas indirectas para amosar todo nos océanos.

Podedes velo na imaxe

 

27/03/20: A nosa proposta para todas as idades é a seguinte: Cociñar mesturando os coñecementos gastronómicos cos científicos. Soa ben, nonsi?

Facendo click na imaxe tedes o libro para descargar ou para visualizar directamente no voso dispositivo. Poderedes descubrir como facer un volcán con Coca Cola, poñer o leite sólido ou conseguir que non se derreta un xeado.

Animádevos!

 

25/03/20: Para hoxe traemos unha propostas da Residencia de Maiores de Foz. Piden recibir mediante correo electrónico frases, poemas, cancións, debuxos, en definitiva mensaxes de ánimo para todas aquelas persoas que están alí pechadas e que precisan do noso apoio. Tedes información máis detallada se ampliades a foto facendo click nela.

 

 

 

23/03/20: Hoxe un par de propostas. A primeira ten que ver cos contos, xa que un xeito didáctico e divertido de pasar estas circunstancias na que estamos son os contos. Se vos pillou sen moito material na casa podedes ver aquí uns cantos:

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

 

A segunda proposta ten que ver coa Semana da Arte da Mariña. Unha das cousas que iamos facer era crear personaxes con rolos de papel hixiénico ou de papel de cociña. Non os tiredes e creade os vosos personaxes pintando, pegando materiais... e gardádeos ben para á volta facer un mural conxunto. 

 

18/03/20: Para ir adiantando traballo para a Semana das Artes da Mariña iamos pedir que fixerades un peixe con material reciclado.

A continuación deixamos un exemplo por se queredes facelo estes días, pero de seguro que a vosa imaxinación fará que sexa aínda máis bonito. Podedes usar botellas de plástico, tapóns, botóns, cartolinas... Poñede en marcha a vosa imaxinación!

 

17/03/20: Hoxe toca algo sobre o mar. Trátase dun libro do ICM (Instituto de Ciencias do Mar) ideado para que lea a familia en conxunto. Un texto moi sinxelo pero con vocabulario mariño específico. Podedes velo e descargalo na seguinte imaxe: 

Biblioteca: O noso Antroido

O pasado venres fixemos o Festival de Antroido coa participación de todos os cursos do colexio.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut