Reading Club co alumnado de 6º E.P

O Reading Club do libro “Pebbles on the Beach”, de Alex Raynham, levouse a cabo con alumnado de 6º de primaria. Tras a lectura, desenvolvéronse actividades escritas, tamén houbo unha parte plástica.

 

Pumpkin Art Project

Trátase dunha proposta do Equipo de Extraescolares. Este curso Halloween xirou en torno a distintas maneiras de interpretar artisticamente a cabaza.

Os proxectos de 3º a 6º de primaria, inspirados en distintos estilos e/ou artistas, quedan plasmados no seguinte collage.

 

 

Communication at Sea: Lighthouses of Europe

Este curso, o Proxecto Documental integrado de centro xira arredor da auga. Dito proxecto deu comezou o 26 de setembro (European Day of Languages / Día Europeo das Linguas) e busca compartir experiencias co colexio bretón co que estamos a facer intercambios desde o curso pasado: Petite École de París. Recibiremos a súa visita no mes de maio.

Mostramos un anaco da parte plástica do proxecto.

Felices Festas

O HORTO DO FERREIRO

Invitámosvos a visitar o novo blog do equipo de medioambiente. Podedes acceder a el premendo na seguinte imaxe ou na columna dereita da páxina web.

ESTÁ BEN! unha proposta sobre a inclusión e a diversidade

Teatro en inglés con "Face 2 Face Theatre Company"

Aínda que xa teña pasado o día, queremos compartir con vós un pouco da experiencia da actividade do teatro en inglés.

Esperamos que teña sido do agrado de todo o noso alumnado. A impresión que tivemos foi que desfrutaron moito do espectáculo.

A compañía Face 2 Face, representou para o alumnado de E.I e 1º de ciclo de educación primaria a obra “Jack and the Giant” e para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria, “Trouble in the Jungle”.

Chega o momento dos agradecementos: ao alumnado por participar de forma tan activa, ás familias por confiar na proposta da actividade, ao persoal docente e non docente do centro por colaborar e axudar na organización do evento (titoras e titores especialmente) e ao persoal da Escola de Maxisterio, que nos facilitou a utilización do Salón de Actos.

Inicio do "Colecamiños"

Na mañá do 30 de novembro, trinta nenas e nenos apareceron nas portas do López Ferreiro vestidos cos chalecos amarelos do Colecamiños. Así que desde esta data, xa se pode facer uso deste programa, desenvolvido pola Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Municipal de Santiago.

A iniciativa, que partiu da ANPA do centro,  pretende fomentar a autonomía e a socialización do alumnado, ademais de reducir o tráfico rodado das proximidades do centro de ensino.

Deste xeito, a comunidade educativa do López Ferreiro, tamén apoia o desenvolvemento dos obxectivos 11, 13 e 17 da Axenda 2030.

Obradoiros co CEE Navalón: Unha aprendizaxe baseada na experiencia

A educación non só se produce mediante a adquisición de coñecementos, senón que tamén pode (e debe) estar presente en calquera experiencia.

Iso foi o que aconteceu no López Ferreiro o 30 de novembro entre o alumnado de 5º e de 6º de primaria e o do CEE Navalón. Mediante obradoiros de carpintería, de construcción, de cerámica, de restauración e de costura, o alumnado do Navalón, que actuou como persoal monitor dos talleres,  amosoulle ao noso que todas e todos posuímos características, habilidades e potencialidades que nos fan únicas  e únicos.

En definitiva, unha mañá de traballo baseada na socialización, no respecto, na empatía e na colaboración mutua. Pode haber mellor aprendizaxe?

Obradoiro: Cambio climático.

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou en dous obradoiros organizados por CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e de Divulgación Ambiental de Galicia) no que traballaron sobre as consecuencias ambientais, sociais e económicas do cambio climático que condicionarán o noso desenvolvemento.

Os obradoiros complementáronse coa exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia.

Distribuir contido