Curso 23_24

ENAPA no CEIP López Ferreiro: As novas tecnoloxías como ferramenta educativa

A tecnoloxía está presente en todos os ámbitos das nosas vidas. A educación non pode estar allea  a esta realidade, e dentro da alfabetización múltiple que nos demanda a sociedade, as ferramentas dixitais hai que aprender a usalas dun xeito crítico.

Con todo, é un mundo que xera temores, inquedanzas e dúbidas. Para tentar clarificar algunhas destas cuestións, o martes 23 de xaneiro acompañounos a xornalista María Lobo, que tamén é membro de AGARESO, entidade na que traballa en proxectos de alfabetización mediática e comunicación para a transformación social.

Partindo dunha situación real de acoso polo uso do móbil entre maiores, demostrou como controlando o que a xente sabe, contrólase á xente. Polo tanto, nun contexto de igualdade ante o acceso a ferramentas dixitais como son os centros públicos, hai que aprender a usalas dun xeito crítico para contrastar datos e información, consultar fontes e profundizar nos feitos dun xeito analítico.

 

O CEIP López Ferreiro protagonista dos 21 días co galego e + 2024

Hoxe o noso centro é o protagonista do programa 21 días co galego e máis 2024! Premede no enlace.
Tamén podes escoitarnos no programa Galicia por diante da Radio Galega.
 
 

Inauguración do Programa 21 días co galego e + 2024!

Hoxe inauguramos o Programa dos 21 días co galego e + 2024! O acto desenvolveuse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e nel participou todo o alumnado, profesorado e persoal docente e non docente do CEIP López Ferreiro.

Na mesa de inauguración estiveron: Dna. Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela; D. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; D. Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; D. Jesús M. Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos e Dna. María del Carmen Montero, directora do CEIP López Ferreiro.

Como persoas convidadas asistiron: Jesús Torres (director da Biblioteca Pública Ánxel Casal); Lois Trigo (exdirector do centro); Rosa Aneiros (xornalista e escritora); Teresa Carballido (representante da ANPA); Purificación Galán (coordinadora territorial dos EDLG da Coruña); Carmen Nogueira e María Manuela Leis (asesoras da SXPL).

O acto concluíu co alumnado facendo voar uns helicópteros de papel que iniciaron simbolicamente os 21 días!

Deixámosvos aquí os enlaces ao calendario de actividades, á noticia no telexornal e ao Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

21 días e + 2024 no López Ferreiro

Mañá comeza a aventura dos 21 días co galego e + 2024. Inauguraremos o programa no noso centro!!!

Deixámosvos aquí as cancións elixidas para o karaoke, por se queredes ir ensaiando, o modelo para elaborar os helicópteros que faremos voar e as recomendacións lectoras que nos fan desde a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. 

Seguídenos a través desta web e no blog dos 21 días co galego.

 

Intercambio Finisterrae

O alumnado de 6º de E.P escribiu tarxetas de felicitación de Aninovo, como actividade de intercambio de Seccións Bilingües co alumnado do colexio bretón Petite École de París.

Xunto co desexo dun feliz 2024, achegaron citas sobre a importancia da auga e do uso responsable da mesma:

● Save blue. Live green.

● Preserve water, preserve life.

● Conserve water. Save a million lives.

● Save water. Save Earth.

● Save water, before it’s too late.

● Water is essential. Treasure it.

● Save our water bodies. Save our planet.

● Save water. Make it a habit.

● Conserve water. The future is in your hands

Increase Beans Project

Trátase dun proxecto iniciado no 3º trimestre do curso pasado e desenvolvido dende Seccións Bilingües co alumnado de 4º de E.P.

Empezamos coa planta de sementes nos “invernadoiros” das ventás do corredor.

Despois, a profesora Ana Leyes, encargada do horto escolar, e o alumnado axudante, transplantaron os brotes de xudías galegas e doutras variedades de Europa ao horto escolar.

Veremos que tal se da a colleita :)

          

 

                                                                                                       

Reading Club co alumnado de 6º E.P

O Reading Club do libro “Pebbles on the Beach”, de Alex Raynham, levouse a cabo con alumnado de 6º de primaria. Tras a lectura, desenvolvéronse actividades escritas, tamén houbo unha parte plástica.

 

Pumpkin Art Project

Trátase dunha proposta do Equipo de Extraescolares. Este curso Halloween xirou en torno a distintas maneiras de interpretar artisticamente a cabaza.

Os proxectos de 3º a 6º de primaria, inspirados en distintos estilos e/ou artistas, quedan plasmados no seguinte collage.

 

 

Communication at Sea: Lighthouses of Europe

Este curso, o Proxecto Documental integrado de centro xira arredor da auga. Dito proxecto deu comezou o 26 de setembro (European Day of Languages / Día Europeo das Linguas) e busca compartir experiencias co colexio bretón co que estamos a facer intercambios desde o curso pasado: Petite École de París. Recibiremos a súa visita no mes de maio.

Mostramos un anaco da parte plástica do proxecto.

Felices Festas

Distribuir contido