Skip to Content

Ed. Infantil, Outras actividades, Ed. Primaria

"CONTAR TAMÉN CONTA"

O alumnado de Educación Infantil dentro das actividades de "CONTAR TAMÉN CONTA", onte sementaron os seus bicos, unha actividade máxica, cunha árbore máxica e uns bicos do máis especiais...Xa temos para repartir!!!

 

Charla Afectivo-Sexual

Onte, e aproveitando que o 2 de Maio se celebra o día contra o Bullying e o Acoso Escolar, @s nen@s aprenderon cousas sobre o seu corpo, e sobre como debemos respectar a intimidade dos demais...grazas á ANPA por esta gran iniciativa.

Excursión "Mais que Brincos"

O pasado venres, 29 de abril, o alumnado do CEIP XOSÉ LUIS TABOADA, a través da ANPA, viaxaron a Ourense, a pasar unha mañá de xogos e diversión. As imaxes falan por sí soas...

Actividades grupais na Biblioteca

Para finalizar un mes de abril cargado de actividades na biblioteca, fixemos unha actividade por grupos na que @s nen@s xogaron con xogos actuais e xogos tradicionais...queredes saber qué xogos lles gustaron máis? 

Preguntádelles e vos sorprenderedes!!!

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

NO DÍA DE HOXE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIRON UNHA CHARLA SOBRE DIVERSIDADE E INCLUSIÓN.

@S NEN@S APRENDERON MOITO E QUEDARON ENCANTADOS CON ESTA INICIATIVA POR PARTE DA ANPA DO COLEXIO. GRAZAS!!!

PROXECTO DINOSAUROS

DENTRO DO PROXECTO DOS DINOSAUROS, TAMÉN TRABALLAMOS AS TIC. PUIDEMOS COMPROBAR COMO, A TRAVÉS DO CUBE MERGE, PODEN VER NA TABLETA A ESES ANIMAIS SOBREDIMENSONADOS. A ACTIVIDADE ENCANTOULLES E QUEDAMOS CON GAÑAS DE REPETILA DE NOVO.

CONTAR TAMÉN CONTA

Esta semana dentro da actividade "CONTAR TAMÉN CONTA" tocoulle o turno a "Un becho extrano", a través do cal descubrimos que non é xusto poñer etiquetas ás persoas...

CONTAR TAMÉN CONTA

Dentro da actividade semanal "CONTAR TAMÉN CONTA" estamos a descubrir que a lectura creativa é un pracer para os sentidos...

INVESTIGAMOS CÓS DINOSAUROS

 

Os nenos e nenas de Ed. Infantil, seguimos a investigar cós Dinosauros...nesta ocasión convertímonos en auténtic@s PALEONTÓLOG@S...E sobre todo...houbo moita DIVERSIÓN!!!

8 de MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Distribuir contido


by Dr. Radut