Skip to Content

Ed. Infantil, Outras actividades, Ed. Primaria

Cromoterapia + Relaxación

    Bo día a todas e todos!

   Que sorte tivemos, porque a mestra de PT, Patri, ofreceunos unha sesión cunha proposta xenial! Nela, os nenos e nenas de 1º EP, realizamos unha nova actividade cargada de cor e forma, a través da visualización dunha lámpada de lava.

    A iluminación da lámpada vai variando dende as tonalidades máis tenues ata as máis vivas.

    Segundo os psicólogos, a cor inflúe na personalidade e desenvolvemento dos nenos e nenas, ademáis de fomentar benestar, estimular o cerebro e dar solución a problemas emocionais e de conducta.

    Por estas razóns, decidimos realizar esta actividade para así facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe. Gracias Patri!

    Podedes ver algunha imaxe da sesión clicando aquí.

                                                                                                                      Saúdos.

 

Saímos a por follas

Os nenos e nenas de 1º curso estivemos coñecendo, contando e xogando coas follas. A primeira de moitas actividades que faremos. Pasámolo en grande!

Podedes ver máis fotos clicando aquí.           SAÚDOS!!!!

 

DESPEDÍMONOS DO ALUMNADO DE 6º!

     Chegamos ao final dun curso complicado dada a situación que vivimos, co esforzo de todas e todos vós. E non queremos rematar sen darlle a súa ben merecida NORABOA ao alumnado de 6º de Primaria, que remata esta etapa e, de parte de toda a comunidade educativa, queremos desexarlles a mellor andanina na nova etapa que comeza para eles.

MOITA SORTE EN SECUNDARIA!!!!

VISITA DE SALETA FERNÁNDEZ

     Como broche final para este curso, recibimos a visita sorpresa da atleta Saleta Fernández, que nos falou da súa traxectoria, nos ensinou varias das medallas que conseguiu e coa que compartimos unha mañá moi especial.

 

Moitas grazas, Saleta!!!!!

PARA OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL...

     Os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil queremos dedicarlle unha cariñosa despedida aos de 6º, que xa se nos van para Primaria.

Que todas e todos teñades o voso merecido descanso e pasedes un verán xenial!!!

8 DE MARZO - 6º INFANTIL: RESPOSTA DE BEGOÑA VILA

MOITAS GRAZAS, BEGOÑA!!!

8 DE MARZO - 6º INFANTIL ENTREVISTA A BEGOÑA VILA

8 DE MARZO - 6º INFANTIL: BEGOÑA VILA

     Aquí presentamos os traballos dos nenos e nenas sobre Begoña Vila:

  

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Esta é unha presentación das actividades do cole para conmemorar o 8 de Marzo: Día Internacional da Muller.  

     Noraboa a todos os nenos e nenas e grazas ás familias pola vosa implicación!

 

RAP POLA IGUALDADE

     Premendo nos arquivos adxuntos podedes escoitar e descargar o "RAP POLA IGUALDADE"

Distribuir contido


by Dr. Radut