Skip to Content

Ed. Infantil, Outras actividades, Ed. Primaria

TATATACHAAAAAANNNNN!!!! PRESENTAMOS A "DANA"

     Ola!

     Lembrades o ovo que apareceu na nosa clase?

     Pois presentámosvos a "DANA", unha nova amiga que naceu dese ovo. Acompañaranos no cole o resto do curso para axudarnos a investigar sobre os dinosauros. Benvidaaaaa!!!

   

  

Mandás do Entroido 2022

PERO ISTO QUE É???

     Esta mañá, apareceunos un ovo na clase. De onde saiu? De que será?, porque os ovos das galiñas non son tan grandes...Sorprendido

     Non estamos moi seguros, pero Eric díxonos que se probamos a deixalo en auga, igual aparece algo. Ímoslle facer caso... a ver que pasa?

          

OS REIS NA BARRELA

     Ola a tod@s!!!

     Esperamos que pasarades BOAS FESTAS!

     Ao chegar de volta ao cole, decatámonos de que os Reis Magos pasaron pola clase de Infantil e deixáronnos uns agasallos, acompañados dunha carta. Vaia sorpresa levamos!!!

          

Animais do outono!

Ola a tod@s!

    Aquí estamos de volta os nenos e nenas de 1º curso para amosarvos o bonitos que nos quedaron os animaliños do outono! 

    A profe Patri ademáis de propoñernos esta divertida actividade e falarnos sobre cada un destes fermosos animais, axudounos a pegar follas e supervisounos en todo momento. 

 

    Que vos parece? Mirade vós mesmos clicando aquí.

 

           Saúdos!

 

Animales disfrutando de la magia del otoño

REALIDADE AUMENTADA

     Nestes días fixemos unha actividade empregando a realidade aumentada a través dunha aplicación para móbil que se chama "QUIVER". Decoramos o noso debuxo e ao escanealo co móbil... cobra vida!!!! Sorprendido

Croma Key

    Bo día a tod@s:

    Esta semana os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso mergullámonos de cheo no mundo dos efectos especiais, empregando o "croma key".

    Preguntarédesvos en que consiste non si? Pois, o croma, trátase dunha técnica audiovisual amplamente utilizada no cine, televisión e fotografía entre outras, e que consiste en extraer unha cor dunha imaxe ou video (normalmente o verde) e reemplazar a área que ocupaba esa cor por outra imaxe ou video coa axuda dun PC.

    Como fondo, decidimos tratar o tema do outono, e cada nen@ trouxo a súa propia fotografía outonal. Agradecemos aos pais/nais e familiares a súa colaboración nesta actividade!

    No cole encargámonos de facer a foto de cada nen@ sobre o fondo verde para lograr facer a montaxe final. Agradecementos tamén para todo o equipo do centro!

    E despois de tanta palabra, seguro que estades desexosos de ver o resultado desta actividade.

    Para iso, soamente tedes que clicar aquí.

                                                                                                       Saúdos e ata a próxima.

 

Saímos a por follas!

    Boa tarde:

    Nesta ocasión, os nenos e nenas de 2º e 3º curso saímos a por follas e castañas.

  Servíronnos para aprender e realizar moitas actividades na aula (entre elas axudounos a entender a multiplicación), pero o máis importante é que nos divertimos e xogamos con elas e con outros elementos do outono que atopamos!

   Se queredes ver algunha fotiño, podedes clicar aquí.

   Saúdos e ata a próxima!

 

NOVO GRUPO DE INFANTIL

     Aquí estamos, un curso máis, os nenos e nenas de Educación Infantil, dispost@s a disfrutar e aprender moito durante o curso. Damos a benvida aos novos compis: Lucía e Lucas.

A por todas!!!!!

COLABORACIÓNS CO COLE

Distribuir contido


by Dr. Radut