Clase de Educación Física

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 27 de abril ao 1 de maio para 1º e 2º de Primaria. Necesitamos unha habitación con espazo para movernos e unha alfombra mediana. Nesta ocasión podemos escoller entre  baile ou exercicios variados, rematando a sesión cun pouco de ioga para tod@s.

@s que prefiran baile teñen que atender ao seguinte vídeo: https://youtu.be/knl1Fhb__Xw   .

@s que prefiran exercicios e movementos variados con todo o corpo deben seguir con atención o seguinte vídeo (imitando correctamente os movementos que realizan os dous nenos protagonistas e descansando o tempo que manden): https://youtu.be/L-8wW40jTzc   .

Rematamos cun pouco de ioga sobre a alfombra: https://www.youtube.com/watch?v=7fHpf4A9P1I  .

 

 

 

 

Sesión de adestramento funcional para 3º,4º,5º e 6º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 27 de abril ao 1 de maio para 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Ímola desenvolver nunha habitación onde haxa espazo suficiente para movernos. O único material que necesitamos é o mango dunha fregona ou vasoira e dous cartóns de leite cheos. Nesta ocasión imos empregar un vídeo para facer un quecemento, un circuito que se repite 3 veces e unha parte final de estiramentos. Se notamos que estamos moi cans@s podemos repetir o circuito só unha ou dúas veces e pasar aos estiramentos finais. Pero se notamos que estamos ben de forzas debemos facer as 3 repeticións do circuito. Escoitade e fixádevos ben nos movementos da persoa que aparece no vídeo. Tamén é moi importante que respectedes os segundos de descanso que nos marca o vídeo. Este é o vídeo que temos que seguir en todo momento (ollo, os primeiros minutos do vídeo son unha explicación dos exercicios que imos facer despois, o noso traballo comeza cando apareza no vídeo a palabra "calentamos"):    

https://youtu.be/VAGpNq_3cMQ 

 

 

Ánimo e a dalo todo!!!

Se tedes algunha dúbida ou queredes comentarme calquera cousa podedes enviarme un correo electrónico (pedide axuda a un adulto se o necesitades) ao seguinte enderezo: luis.alberto.alonso.vicente@gmail.com

Sesión de EF para Infantil, 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 27 de abril ao 1 de maio para Infantil, 1º e 2º de Primaria. Imos desenvolvela nunha habitación onde teñamos espazo suficiente para movernos e no corredor da casa; o material que necesitamos consiste en folios , ceras ou rotuladores , cinta adhesiva e unha alfombra. A sesión consta de tres partes:

1) neste primeiro exercicio necesitamos a axuda dunha persoa adulta porque temos que recortar e pegar nas portas dun armario (ou no mesmo chan) anacos de papel con números ou cores, poñernos diante dos papeis e a persoa adulta ten que dicir durante un tempo determinado (por exemplo un minuto) números ou cores para que nós vaiamos tocando sobre eles o máis rápido poidamos. Temos que repetilo varias veces para comprobar se cada vez tocamos máis papeis no mesmo tempo. Trátase dun exercicio de velocidade de reacción. O seguinte vídeo pode axudarnos a entendelo mellor https://youtu.be/RFIrNBUJwQo

2) en segundo lugar imos construír un percorrido de orientación polo corredor da nosa casa, debuxando e pegando no chan a forma dun ou dos dous pés nun folio, tamén a forma dunha ou das dúas mans para despois ir pisando ou tocando sobre elas tal como aparece no seguinte vídeo https://youtu.be/ud2KPS-pVtI   (temos que repetilo varias veces tentando facelo cada vez en menos tempo);

3) rematamos cunha pequena sesión de ioga infantil na alfombra seguindo o vídeo https://youtu.be/MI1S5rM0ou0

Se tedes algunha dúbida ou queredes simplemente comunicarvos comigo podedes enviarme (coa axuda dunha persoa adulta) un correo electrónico a este enderezo luis.alberto. alonso.vicente@gmail.com

Saúdos cordiais.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 27 de abril ao 1 de maio para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Ímola desenvolver no corredor da nosa casa ou piso e o único material que necesitamos son varios rolos grandes de papel. A sesión consta de 4 partes:

1) comezamos cuns breves exercicios de quecemento e despois facemos varios exercicios nos que traballamos a resistencia do noso tren inferior, é dicir, de cintura para abaixo. Temos que seguir as indicacións que aparecen no vídeo  https://youtu.be/_O9e4ji3ol8   ;

2) continuamos cun exercicio chamado "0,1,2,3,4" que imos realizar tres veces tamén no noso corredor e que consiste en cruzalo primeiro arrastrándonos polo chan sobre as nosas costas (boca arriba), despois cruzalo sobre unha perna (á pata coxa) , despois correndo de lado sobre as dúas pernas (mirando cara unha das paredes laterais), despois desprazándonos sobre 3 apoios (as dúas mans e unha perna, é dicir, facendo o "can coxo") e, para rematar, cruzamos o corredor sobre 4 apoios facendo o "cangrexo" (movéndonos hacia atrás e cos dedos das mans estirados no sentido da marcha);

3) facemos tres series de 5 flexións cada serie, deixando un minuto de descanso (contamos 60) entre serie e serie, tendo moito coidado en realizar coa técnica correcta este exercicio, para o que contamos coa axuda do seguinte vídeo  https://youtu.be/SKw3QwjhjvU;

 

4) rematamos a sesión co exercicio "gato contento, gato enfadado", que repetimos 10 veces seguindo as indicacións do vídeo  https://youtu.be/SmSFQdEBFEU .

Saúdos.

 

 

 

 

 

 

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana do 20 ao 24 de abril para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. Esta sesión ímola desenvolver nunha habitación onde teñamos espazo suficiente para movernos sen chocar con obstáculos. O único material que imos necesitar é un ordenador (ou teléfono móbil) con acceso a Internet e unha esterilla (ou unha alfombra mediana). A sesión conta de 3 partes e imos axudarnos de vídeos de youtube para realizalas correctamente. Preparados, listos, xa:

1) comezamos cuns minutos de zumba para entrar en calor https://youtu.be/FP0wgVhUC9w   e   https://youtu.be/ymigWt5TOV8  ;

2) continuamos cuns minutos de exercicios variados nos que temos que imitar os movementos do vídeo (ollo, o audio está en inglés. así que cando escoitemos ou vexamos escrita a palabra "rest" temos que descansar uns segundos)  https://youtu.be/kYsA9-Qbtyk ;

3) rematamos cuns minutos de ioga para estirar e relaxarnos un pouco  https://youtu.be/nNbRQX8yJWs .

 

 

 

 

 

 

 

 

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria nesta semana que vai do 20 ao 24 de abril. Esta sesión vai ser un pouco distinta porque imos empregar vídeos de youtube para bailar, facer distintos movementos e, incluso, facer ioga. Polo tanto o único material que necesitamos é un ordenador (ou teléfono móbil) con conexión a Internet e unha habitación con espazo para movernos sen chocar con nada. A sesión ten 5 partes e contamos coa axuda dun vídeo para guiarnos en cada unha delas:

1) entramos en calor cuns minutos de zumba https://youtu.be/Q-f4pCksb5M ;

2) continuamos imitando os movementos e posicións do neno que aparece no seguinte vídeo  https://youtu.be/ueutErlUewk ;

3) imos repasar, tocar e mover distintas partes do noso corpo seguindo este vídeo https://youtu.be/71hiB8Z-03k;

4) seguro que tod@s coñecemos esta canción dos Cantajuego, así que a bailar https://youtu.be/fTzTFQbdYEQ ;

5) rematamos cuns relaxantes minutos de ioga, imitando a algúns animais do mar https://youtu.be/LOYxOzMUgAY .

 

Sesión para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Sesión de exercicios con cadeiras para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión da semana que vai do 20 ao 24 de abril. Ímola desenvolver nunha habitación onde teñamos unha zona na que poidamos colocar un par de cadeiras, que será o único material que necesitaremos. A sesión inclúe 5 partes:

1) comezamos saltando durante medio minuto (contamos 30) cunha comba imaxinaria, descansamos medio minuto, outro medio minuto saltando e así sucesivamente ata completar como mínimo 5 series de saltos (a técnica correcta témola neste vídeo https://youtu.be/_o-D_kntRwg );

2) colocamos as dúas cadeiras (unha fronte a outra) separadas tres pasos e comezamos a correr formando un círculo por fóra das cadeiras e cando levemos 5 voltas completas temos que arrastrarnos pasando por debaixo das dúas cadeiras, repetimos 5 voltas correndo e outra vez arrastrámonos baixo as cadeiras; despois corremos entre as cadeiras facendo un número 8 imaxinario no chan coa nosa traxectoria e cando levemos 5 oitos seguidos arrastrámonos baixo as cadeiras, repetimos este exercicio;

3) facemos series de 5 flexións no chan, descansando medio minuto entre serie e serie (se nos resultan moi sinxelas estas flexións podemos facelas cos pés apoiados sobre unha cadeira, tal como aparece neste vídeo https://youtu.be/Bsyt25MSN3s);

4) poñémonos de pé cos brazos estirados e pegados ao noso corpo e saltamos abrindo as pernas e poñendo os brazos paralelos ao chan (en cruz), voltamos á posición inicial e repetimos o movemento  (facemos varias series de 30 saltos, deixando un minuto de descanso entre serie e serie);

5) rematamos facendo abdominais, colocándonos no chan boca arriba, pegados a unha cadeira, coas pernas sobre a cadeira e levantamos o tronco (facemos series de 15 abdominais, descansando medio minuto entre serie e serie). Aproveitamos unha das cadeiras para facer uns estiramentos.

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión para a semana do 20 ao 24 de abril. Imos desenvolver  esta sesión no corredor da nosa casa ou piso e empregaremos o seguinte material: 6 rolos de papel hixiénico completos (con todo o papel), 1 libro,  1 pelota de plástico pequeniña (se non temos, vale unha feita con papel) e 1 papeleira. Poñémonos roupa cómoda e tamén música (se queremos).

A sesión ten 5 partes:

1) en primeiro lugar cruzamos o corredor 10 veces seguidas trotando, despois cruzámolo unha vez trotando hacia atrás, outra á pata coxa, outra saltando cos pès xuntos, outra á catro patas cos xeonllos sobre o chan (facendo o gato), outra á catro patas sen pousar os xeonllos no chan (facendo o elefante), outra sobre as dúas mans e un pé (facendo o can coxo), outra arrastrándose sobre o chan, outra doutro xeito que se nos ocorra...

2) reto do papel hixiénico: colocamos os 6 rolos de papel hixiénico nun extremo do corredor e nós colocámonos no outro extremo. Saímos correndo, collemos un rolo de papel, voltamos con el na man ata o outro extremo do corredor e regresamos con el na man para coller un segundo rolo, cruzamos o corredor cos dous rolos e voltamos con eles a por un terceiro...e así todo o tempo ata chegar a coller o 6 rolos e cruzar todo o corredor con eles (se podemos);

3) reto dos golpeos: collemos un libro pequeno cunha man e a pelotiña pequena coa outra, soltamos a pelotiña e tentamos golpeala unha vez co libro, repetimos varias veces o exercicio e, cando nos saia ben, tentamos algo máis difícil, golpear a pelotiña moitas veces seguidas sen que caia ao chan e sen agarrala coa man. podemos contar o número de golpeos (toques) seguidos que conseguimos;

4) reto da papeleira: colocamos a papeleira no medio do corredor, separámonos un paso dela e tentamos encestar a mesma pelotiña do exercicio anterior na papeleira, cando o consigamos separámonos dous pasos da papeleira e tentamos encestar, cando o consigamos separámonos tres pasos da papeleira e así todo o tempo...

5) poñémonos de pé, en equilibrio sobre unha perna, pechamos os ollos e aguantamos o tempo que poidamos (despois cambiamos a perna de apoio e facemos o mesmo).

Moito ánimo.

Exercicios no corredor da casa (ou piso) para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Exercicios no corredor para 3º,4º,5º e 6º Primaria

 

Ola a tod@s.

Continuamos traballando nesta semana do 13 ao 17 de abril. Nesta ocasión imos aproveitar o corredor da nosa casa ou piso para facer novos exercicios. O único material que imos necesitar é unha alfombra mediana e 10 rolos de papel hixiénico completos (con papel). Levaremos posta roupa cómoda (e pouca roupa, porque hoxe imos suar a camiseta). Comezamos:

1) entramos en calor poñéndonos nun extremo do noso corredor, cruzándoo correndo e voltando ao punto de inicio, facemos o mesmo correndo de lado, correndo hacia atrás, levantando moito os xeonllos, levando os talóns ao cu, á pata coxa (primeiro sobre un pé ida e volta, despois sobre o outro), saltando cos pés xuntos, a catro patas cos xeonllos en alto (posición do elefante), a catro patas cos xeonllos apoiados no chan, a tres patas (posición do can coxo), facendo o cangrexo, avanzando e xirando en círculos ao mesmo tempo, e de outras formas que pensemos...pero sempre facendo a ida e a volta do mesmo xeito;

2) colocamos os 10 rolos de papel no inicio do corredor, collemos un rolo, corremos con el na man, colocámolo no centro de corredor, continuamos correndo (xa sen o rolo), chegamos ao final do corredor, damos volta correndo e cando cheguemos á altura do rolo saltamos por riba, chegamos ao punto de inicio, collemos outro rolo, vamos correndo, colocámolo sobre o rolo da outra vez, corremos ata o final do corredor, damos volta moi rápido e saltamos sobre os dous rolos de papel, chegamos ao punto de inicio e collemos o terceiro rolo para facer o mesmo...así todo o tempo facendo cada vez unha torre de rolos máis e máis alta. Tentamos saltar sobre o maior número de rolos posible. Podemos facer este exercicio varios días para comprobar se imos mellorando. Este é o "RETO DOS ROLOS DE PAPEL";

3) se aínda estamos con forzas, sobre todo @s maiores, facemos todos os burpees que poidamos. Burpee é unha palabra inglesa que indica que temos que facer unha flexión seguida de un salto , todo seguido e todas as veces que poidamos. A técnica correcta podémola mirar neste vídeo https://youtu.be/Uy2nUNX38xE

4) para rematar, un pouco de ioga sobre a alfombra seguindo este outro vídeo https://youtu.be/Dwt0qeBj85I

Agardo que vos gustase. Boa ducha para tod@s e ata a próxima sesión.

Percorrido de orientación e ioga para Infantil, 1º e 2º de Primaria

 

Percorrido de orientación e ioga para Infantil, 1º e 2º de Primaria

 

Ola a tod@s.

Esta semana do 13 ao 17 de abril imos facer un pequeno percorrido de orientación no corredor da nosa casa ou piso. Coa axuda dun adulto imos colocar 2 cadeiras, varios coxíns, 11 rolos de papel hixiénico e 3 alfombras medianas tal como aparece no debuxo. Poñémonos na liña de saída e xa podemos comezar arrastrándonos por debaixo das cadeiras, saltando por riba dos coxíns, facendo zig- zag nos rolos de papel, abrindo as pernas a tope para pasar sen tocar as alfombras extendidas e equilibrándonos sobre as alfombra enrolada. Ao rematar, voltamos correndo en liña recta (sen pasar polos obstáculos) á liña de saída e repetimos varias veces.

Despois podemos facer en familia unha pequena e relaxante sesión de ioga. Necesitamos roupa cómoda e unha alfombra para colocarnos sobre ela. Tamén temos que evitar que haxa obstáculos próximos que nos poidan molestar. Nada máis, seguide as instrucións que aparecen na seguinte ligazón da Internet: https://youtu.be/t8748OWc1nQ 

 

 

Percorrido de orientación para 3º, 4º, 5º e 6º Primaria

Percorrido 3º,4º,5º,6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta semana do 13 ao 17 de abril imos facer un percorrido de orientación no corredor do noso piso ou casa. Necesitamos 2 cadeiras, varios coxíns ou almofadas, 11 rolos de papel hixiénico e 3 alfombras de tamaño medio. Coa axuda dun adulto  colocamos todo o material tal como aparece no debuxo e comezamos. A liña de saída está diante das cadeiras e o cando cheguemos ao final do percorrido voltamos correndo en liña recta (sen pasar por riba do material) á saída e repetimos todo varias veces.

Este percorrido é apropiado para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Ánimo!

Actividades de Educación Física

Exercicios para facer na casa (precisades dunha alfombra ou esterilla)

Estiramentos 1

Estiramentos 2

Acrosport

Actividades de Educación Física

Achegamos actividades de Educación Física para facer na casa:

Exercicios de flexibilidade

Traballo funcional (5º e 6º de Primaria)

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet