Iniciar sesión: Acceso

Secretaría, Normativa

AXUDAS MUNICIPAIS 2022-23: LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2022-23.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.

  • AXUDAS
    • Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
    • Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
    • PRAZO: 12/07/2022 - 09/08/2022.
    • A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
    • Presencialmente con cita previa:

Admisión Alumnado 2022

Adxuntamos a publicación das vacantes para o vindeiro curso 2022/2023 xunto cos prazos para o proceso de admisión e matrícula do alumnado.

Admisión alumnado curso 22/23

Dende o martes 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2022-2023. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza no noso instituto adscrito (IES Ricardo Mella).

Tedes toda a información premendo no cadro que aparece a continuación. Para mais dúbidas, chamade ao 886120268.

Axudas para máscaras para o alumnado dos centros educativos

Estimadas familias:

A Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia fixo pública as axudas para as familias do alumnado dos centros educativos de Galicia para a participación do procedemento de distribución de máscaras.

A continuación tedes a documentación necesaria para solicitar dita axuda

 Un saúdo a toda a comunidade educativa  do CEIP "O SELLO"

 

 

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: