Iniciar sesión: Acceso

Secretaría, Normativa

Procedemento para a recollida de cheques e material escolar e os libros procedentes do Fondo de Libros

A continuación detállase a forma de proceder para a recollida dos cheques e o Fondo de Libros do curso 18-19:

  • Alumnado de 1º e 2º de Primaria: poderán pasar a recoller os cheques do 2 ao 5 de xullo ou do 3 ao 28 de setembro.

  • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: poderán pasar a recoller os cheques do 3 ao 28 de setembro.

  • Alumnado participante no fondo de libros: as listas dos libros adxudicados por alumno serán publicados no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro entre o 2 e o 5 de xullo (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposello/). A recollida dos mesmos efectuarase no mes de setembro unha vez iniciado o curso.

Non se entregará ningún cheque fóra das datas sinaladas anteriormente.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 

Prazo para presentar solicitudes

  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2018.

Orde do 16 de maio

Impreso Solicitude Axuda

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2016/2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

Preme no enlace para acceder á información:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

Rutas Liñas de Autobús

Liñas de Atobús do CEIP O Sello: preme no documento para acceder á información.

Axuda para a adquisición de material escolar

ORDEN de 25 de agosto de 2015 por la que se convocan ayudas para la adquisición de material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria o educación especial en centros sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2015/16.

O obxectivo desta orde e convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

Inicio do prazo: 02.09.2015

Fin do prazo: 01.10.2015

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: