Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 25, 2014
Start: 25/11/2014 10:20
End: 25/11/2014 13:30

O martes día 25 os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria faremos unha saída ao monte para buscar cogomelos.

De 10:20 a 11:00 un experto micólogo dará unha charla aos nenos/as para explicarlle as características da zona e o tipo de setas que se poden atopar, así como os coidados que teñen que ter á hora de poñerse a buscalas.

De 11:00 a 13:30 será a saída ao monte cercano ao colexio para realizar a búsqueda. Unha vez de volta se fará unha pequena exposición no centro das setas atopadas.

Mércores Novembro 26, 2014
Start: 26/11/2014 09:30
End: 26/11/2014 10:30

O mércores 26, teremos no centro unha charla dirixida aos alumnos de 3º e 4º de primaria na que nos porán ao día sobre os hábitos de hixiene e alimentación, para explicarnos o que debemos e non debemos facer, así como as comidas que son beneficias para a nosa saúde.

Venres Decembro 12, 2014
Start: 12/12/2014 11:00
End: 12/12/2014 12:00

A Universidade de Vigo, dentro do convenio que asinou co Concello de Pontevedra quere compartir coñecementos que o longo destes últimos anos foron adquirindo no secor aeroespacial con proxectos tan relevantes como o Xatcobeo ou HUMSAT

Esta actividade consiste nunha presentación de 45-50 minutos para os alumnos de 2º,4º, 5º e 6º na que se fará unha introducción ao sector aeroespacial onde se repasará a historia  de dito sector e tamén se verán proxectos espaciais levados a cabo pola Universidade de Vigo.

Contidos da presentación:

  1. A carreira espacial: Repaso á historia dos primeiros voos e foguetes ata a chegada á Lúa.
  2. Satélites e órbitas: ¿Qué é un satélite? ¿Como orbitan? Estas e outras preguntas básicas sobre a física dos satélites serán tratados neste apartado.
  3. Aplicacións dos satélites: Descripción das aplicacións máis comúns dos satélites: navegación, comunicación ou exploración  do Universo.
  4. Elementos dunha misión espacial: Breve explicación  dos pilares das misións espaciais.
  5. A aventura espacial da Universidade de Vigo: Repaso aos proxectos  aeroespaciais da Universidade de Vigo.

Luns Decembro 15, 2014
Start: 15/12/2014 10:20
End: 15/12/2014 11:10

O vindeiro Luns, día 15, teremos unha charla na que nos explicarán normas básicas de comportamento na rúa, cando e como debemos cruzar, como debemos circular cando imos montados en algún vehículo (bicicleta, monopatín,..), cando ceder o paso e cando nolo deben de ceder,...

Está destinada aos nenos e nenas de 4º e 6º de primaria.

Martes Decembro 16, 2014
Start: 16/12/2014 10:00
End: 16/12/2014 12:00

O martes, día 16, contaremos coa visita de Diego Castro, un corredor de 26 anos e diabético desde os 10 que nos contará como é capaz e competir a un altísimo nivel sin verse afectado por ter que controlar permanentemente os seus niveis de azucre.

Esta charla está destinada aos nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Si queredes saber un pouquiño máis del aquí vos deixamos unha entrevista que lle fixeron fai pouco.

 

 

Para máis información sobre Diego podedes acceder á súa páxina Web:

http://iamdiegocastro.com/

 

Venres Decembro 19, 2014
Start: 19/12/2014 11:30
End: 19/12/2014 12:00

Este venres temos unha chocolatada para despedir o primeiro trimestre e o ano. Contaremos coa axuda de varias nais e pais da ANPA que nos traerán chocolate quente e roscón.

Ummmmm xa se nos fai a boca auga.

Distribuir contido


by Dr. Radut