Skip to Content

Observa - Acción

 

QUE É O PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN?

O programa “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais” que se desenvolverá en centros públicos non universitarios durante dous cursos escolares, 2022/2023 e 2023/2024 ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. 

 

OBXECTIVOS

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.

• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.

 • Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

 

             LIÑAS TRABALLO

 

   As recollidas no Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2022/2023 deberán constituír os alicerces do  programa Observa_Acción. Son as seguintes:

1. Competencia dixital: Educación e transformación dos centros.

2. Competencia didáctica: Deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA)

3.  Competencia en Innovación e investigación.

4.   Competencia en Educación inclusiva e coeducación.

5.  Competencia comunicativa: Programas de Plurilingüismo e internacionalización dos centros educativos.

AdxuntoTamaño
resolucion_dx_crrhh_programa_observa_accion_2022-23.pdf542.18 KB


paxina | by Dr. Radut