Skip to Content

Curso 2014-2015

O sabor da aventura está no mar

25/03/2015 10:20
25/03/2015 12:00
Europe/Madrid

Parte número dous do proxecto que estamos levando a cabo no colexio. A primeira parte consistiu no fomento do consumo de froita, dándolle aos nenos unha peza durante varias semanas.

E agora pasamos ao fomento do consumo do peixe. Está destinado a todos os alumnos do centro. Para máis información podedes pinchar na imaxe.

Froita

Axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares

Obxecto
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

Destinatarios
Poderán ser destinatarios da axuda os alumnos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

a) Segundo ciclo de educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria obrigatoria.

Solicitantes
Os solicitantes da axuda serán os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentación a presentar e prazo
Os centros escolares que pretendan subministrar froitas frescas deberán ser autorizados pola persoa titular da dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). Para estes efectos presentarán a solicitude de autorización e de axuda contida no anexo II.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia

A froita repartirase en períodos que constarán de 5 días lectivos consecutivos. Poderán solicitarse de un a catro de estes períodos, de maneira consecutiva ou non.

Premede en algunha imaxe de enriba para acceder á galería de fotos.

Máis información premendo na imaxe:

Plan Proxecta

Descrición do programa

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

No centro optamos por elexir dous destes programas: Un relacionado coa froita e outro co peixe.

a) Froita na escola:

  • Obxecto: consiste nunha axuda de (0,25 € por alumno/día) cun máximo de 20 días por curso, destinada ao reparto gratuíto de toda clase de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de idade.

 

Para saber máis sobre este programa preme na imaxe

b) O sabor da aventura está no mar:

  • Obxecto: Busca facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.

Para saber máis sobre este programa preme na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut