Skip to Content

Plan Proxecta

Descrición do programa

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

No centro optamos por elexir dous destes programas: Un relacionado coa froita e outro co peixe.

a) Froita na escola:

  • Obxecto: consiste nunha axuda de (0,25 € por alumno/día) cun máximo de 20 días por curso, destinada ao reparto gratuíto de toda clase de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de idade.

 

Para saber máis sobre este programa preme na imaxe

b) O sabor da aventura está no mar:

  • Obxecto: Busca facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.

Para saber máis sobre este programa preme na imaxe

 



paxina | by Dr. Radut