Skip to Content

Procedemento de admisión para o curso 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 . Prazo de solicitudes

do 1 ao 20 de marzo

Documentación a entregar

- Solicitude e anexo II-bis (disponibles tamén no centro)

·  Modelo ED550B en galego

·  Modelo ED550B en castelán 

- Fotocopia do DNI do neno/a e dos dous proxenitores ou do libro de familia.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso.

No caso de solicitar praza nun curso distinto a 4º EI (3 anos): Certificación de matrícula e certificación académica

Procedemento de entrega de solicitudes

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta (para esta última deberase contar con certificado dixital ou Chave 365).

De facelo de xeito online haberá que e asinar o anexo II-bis de xeito manual e escanealo para poder adxuntalo á solicitude.

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha ÚNICA SOLICITUDE no centro que figure en primeiro lugar.

IMPORTANTE: De presentar varias solicitudes de admisión en distintos centros, isto suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

Documentación no caso de baremación

Esta documentación só se deberá entregar no caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que de ser preciso será o centro o que solicite ás familias a correspondente documentación para a a baremación.

Os prazo para a entrega da citada documentación abrangerá os 10 días hábiles seguintes ao 21 de marzo.

Datas de publicación das listaxes provisionais

25 de abril

Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión.

Reclamacións

5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das listaxes.

Datas de publicación das listaxes definitivas

15 de maio

Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión.

Formalización da matrícula

Do 20 ao 30 de xuño

 

 

 

 

 

*Poderase consultar a través da aplicación admisiónalumnadotoda esta información así como: O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula; a previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións; a relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa grabación; o estado de tramitación das solicitudes (utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante); a listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

 

 

 NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO

 

Decreto 13/2022 (DOG 11 de febreiro de 2022)

      Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 novembro de 2022)

                                           Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 xuño de 2023)

 

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

 

 ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

CONSULTA AQUÍ A TÚA RÚA

 

CENTRO ADSCRITO

IES A Xunqueira I

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

-  Plan Madruga e comedor escolar

-  Transporte Escolar

Ruta 1: Ribeiro- Cabaleiro- C. de Arriba- Piñeiro- Moldes- Soutonovo- Bispo.

Ruta 2: Devesa-Sabarís.

 
 
 
 
 
 
 
 


paxina | by Dr. Radut