DISFRUTANDO DO AREEIRO coa chegada do sol

Coa chegada do sol, aproveitamos para facer un segundo recreo ó final da xornada disfrutando do areeiro. Para ver que ben o pasamos, PINCHAR AQUÍ.

Enviado por admin en Dom, 21/04/2013 - 17:43. categories [ ]

A PRINCESA E O CHÍCHARO

O alumnado do 2º ciclo de Primaria elaboraron un conto cunhas maravillosas ilustracións.

Pinchando AQUÍ podedes ver, ler e disfrutar do conto A PRINCESA E O CHÍCHARO.

Enviado por admin en Mér, 06/03/2013 - 23:43. categories [ ]

ENTROIDO 2013

Este ano disfrazámonos de personaxes dos contos clásicos. Fixemos unha merenda conxunta na que degustamos repostería propia do Entroido e disfrutamos dunha xornada de alegría e diversión.

Para ver fotografías deste día, PINCHADE AQUÍ, neste enlace.

Enviado por admin en Mar, 19/02/2013 - 23:17.

DÍA DA PAZ

 

Hoxe todo o alumnado celebrou o Día da Paz cun acto conxunto no ximnasio. 

Nestas semanas construímos unha árbore da Paz coas pombas do Arco da Vella que lémbranos, ao pasar polo corredor, as razón polas cales debe reinar a Paz nas nosas aulas, en todo o colexio e no mundo xa que, cada pomba, leva unha mensaxe ou palabra traballada na clase.

No acto fixemos:

- Un diálogo sobre a Paz a cargo dos de 5ºEP.- Pinchar VER VIDEO

- A canción "Que viva a Paz e o Amor" interpretada polo alumnado do ciclo de Infantil e do 1º ciclo de EP.- Pinchar VER VIDEO

- Mensaxes de Paz a cargo de diversos cursos de EP

- A canción "No mundo" interpretada polo alumnado do 2º e 3º ciclo de EP..- Pinchar VER VIDEO

Foi unha xornada moi emocionante. O alumnado disfrutou moito!!!

PARA VER MÁIS FOTOS, PINCHAR AQUÍ
Enviado por admin en Mér, 30/01/2013 - 18:00.

ASAMBLEA DA A.N.P.A. o venres, 14 de setembro

   ASAMBLEA DA A.N.P.A. SAN PEDRO

   DÍA: venres, 14 de setembro

   HORA: 20.30 h

   LUGAR: ximnasio do colexio

 

Enviado por admin en Xov, 06/09/2012 - 08:55. categories [ ]

CHANDALS E MANDILÓNS

A A.N.P.A. SAN PEDRO vende o mandilón recomendado para Ed.Infantil no e o chandal do colexio.

As familias interesadas poden porse en contacto coa presidenta da A.N.P.A. Dita información está exposta na porta da entrada ó colexio.

Enviado por admin en Xov, 06/09/2012 - 08:51. categories [ ]

NOVO NÚMERO DA REVISTA EURIÑA

Este curso, debido ao recorte que fixo a Consellería de Educación, de case o 70%, no financiamento aos equipos de dinamización da lingua galega, non podemos imprimir un exemplar da revista para cada familia. Ímosvola entregar nun CD, xunto con outros traballos, e tamén a podedes ver aquí na páxina web. Esperamos que vos guste.


Enviado por admin en Dom, 10/06/2012 - 15:52. categories [ ]

AS RECEITAS DA RÍA

Este curso, recollemos unhas saborosas rececitas feitas con produtos da Nosa Ría. Deixámolas na Web para que todos poidades pasalo ben facéndoas e, como non, .... DEGUSTANDO o resultado.


Enviado por admin en Sáb, 09/06/2012 - 15:06. categories [ ]

INFANTIL.- Excursión de fin de curso e FIN DE PROXECTO en O Grove

O venres, 08 de xuño, todo o ciclo de Educación Infantil puxémonos rumbo a O Grove xa iamos disfrutar da excursión de fin de curso e que supuxo o punto e final ó proxecto bianual de centro “A nosa ría”. Estabamos moi nerviosos xa que estabamos agardando este día como auga de maio. Pero, esta sensación, non é de extrañar porque todos sabiamos o que nos agardaba: 1º) Unha visita moi interesante ó acuario de O Grove. 2º) E, despois,...UNHA VIAXE EN BARCO MOI DIVERTIDA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Para ver máis fotos, PINCHAR AQUÍ.


Enviado por admin en Ven, 08/06/2012 - 16:55. categories [ ]

LENDAS E FESTAS DA NOSA RÍA

Aquí podedes ver esta especie de guía turística que recolle parte do noso traballo sobre a NOSA RÍA.


Enviado por admin en Lun, 04/06/2012 - 14:52. categories [ ]