Skip to Content

XOGADE

 

CIRCULAR INICIO TEMPADA 2023/24

Comeza a tempada 2023/2024 de Xogade e queremos dar a benvida a un novo curso.

Sabemos que é un texto longo pero, deben ser conscientes da importancia de ler e transmitir esta información.

O SEGURO

O Protocolo e a Póliza son información de acceso público tanto na web de Xogade (xogade.xunta.gal) como na portada da aplicación de inscricións (https://inscricion-xogade.xunta.gal)

É fundamental que todo o persoal da entidade, todas as familias dos deportistas e, chegada certa idade, todos os deportistas coñezan esta información. Para isto imprimiranse os carnés de Xogade, que teñen na traseira un resumo do protocolo do seguro (o mestre de Educación Física volos fará chegar para telos na casa en caso de necesidade).

O Protocolo é de obrigado cumprimento. Destacamos isto polo alto número de incidencias que estamos tendo. Non queremos chegar ao punto en que a aseguradora denegue a asistencia por incumprimento do protocolo.

Especialmente queremos lembrar algúns aspectos que só son eludibles en caso de urxencia vital e nos que agradeceriamos que insistisen especialmente.

- a comunicación do accidente é previa á asistencia sanitaria,

- é potestade da aseguradora decidir onde vai ser atendido un deportista,

- o prazo para comunicar e certificar un accidente é de 7 días desde a lesión

A parte de que o protocolo marque estas condicións como de obrigado cumprimento é importante pensar que na chamada de comunicación do accidente, en función do que se describa, nos derivarán a un centro ou a outro, podendo incluso empezar a atención xa directamente cun especialista.

Lembren que un incumprimento do protocolo pode deixar ao deportista e a súa familia sen cobertura e incluso pode chegar a darse que teñan que aboar os gastos ocasionados.

Respecto das altas médicas queremos lembrar que deben ser comunicadas á aseguradora e que non se contempla a alta voluntaria. O que si existe é unha alta parcial ou para a incorporación progresiva á práctica e comprobar a recuperación.

Entendan que a aseguradora traballa en función do que os facultativos escriben nos informes. A información oral dada en consulta non é valorable pola aseguradora.

 



paxina | by Dr. Radut