Skip to Content

Iniciativa ARCO

 QUE É A INICIATIVA ARCO?

   Co fin de seguir avanzando cara á consecución

dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás

necesidades de todo o alumnado, e para continuar

traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención

do absentismo e abandono escolar temperá, a

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

promove, por terceiro ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros

docentes públicos (CEIP, CEP, IES eCPI) en réxime de concorrencia

competitiva, co obxecto de favorecer a  participación do alumnado no

grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento

emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas

de actuación:

 

  • LIÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

  • LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.

  • LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.

 

OBXECTIVOS

 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

  6. Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.

  7. Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.



paxina | by Dr. Radut