Skip to Content

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2022/23

Importante: Solicítase respectar na medida do posible o horario de secretaría

Horario de Secretaría: De 13:40 a 14:30

DO 1 AO 21 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2022/23.

 O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro.

As solicitudes poderanse presentar:

- Cubrindo os formularios na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e presentándoos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365

- Presentando a solicitude de forma presencial, en horario de secretaría e acompañarase da seguinte documentación:

       

1- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

       2- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

       3-Certificado de matrícula e certificación académica (se ven doutro centro)

NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar una
única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro,
deberá comunicalo ao centro de orixe.



paxina | by Dr. Radut