Skip to Content

Froita

Axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares

Obxecto
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

Destinatarios
Poderán ser destinatarios da axuda os alumnos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

a) Segundo ciclo de educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria obrigatoria.

Solicitantes
Os solicitantes da axuda serán os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentación a presentar e prazo
Os centros escolares que pretendan subministrar froitas frescas deberán ser autorizados pola persoa titular da dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). Para estes efectos presentarán a solicitude de autorización e de axuda contida no anexo II.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia

A froita repartirase en períodos que constarán de 5 días lectivos consecutivos. Poderán solicitarse de un a catro de estes períodos, de maneira consecutiva ou non.

Premede en algunha imaxe de enriba para acceder á galería de fotos.

Máis información premendo na imaxe:



paxina | by Dr. Radut