Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 23, 2015
Start: 23/02/2015 10:20
End: 23/02/2015 11:10

Este vindeiro luns temos unha charla organizada polo concello de Pontevedra sobre a Educación Vial para os nenos de cuarto e sexto de primaria.

Ensinarannos as normas básicas de circulación se imos pola rúa tanto camiñando como en bicicleta, monopatín, etc...

Venres Febreiro 27, 2015
Start: 27/02/2015 09:30
End: 27/02/2015 10:30

Este venres temos un obradoiro de química na que imos a investigar facendo distintos experimentos. Outra forma de aprender.

Xoves Marzo 05, 2015
Start: 05/03/2015 09:30
End: 05/03/2015 12:45

O xoves. día 5, os alumnos de Educación Infantil5º de Educación Primaria visitan o Salón do Libro de Pontevedra. Esta vez non seremos meros visitantes, xa que aparte de ver o traballo que o cole ten exposto, os alumnos de 5º de primaria faremos un obradoiro e os nenos de 5 anos asistitán a un contacontos.

Que ganas temos de ir!

Luns Marzo 09, 2015
Start: 09/03/2015 09:30
End: 09/03/2015 11:30

 

Este vindeiro luns os alumnos de Educación Infantil visitarán as instalacións da Policía Local de Pontevedra.

Nesta visita coñecerán os vehículos que a policía utiliza, as súas ferramentas e moitas máis cousas interesantes.

Luns Marzo 16, 2015
Start: 16/03/2015 10:20
End: 16/03/2015 12:30

O luns día 16 de Marzo teremos no cole un taller de dobraxe no que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º. Que pasada. Xa nos está tardanado.

 

Os alumnos do segundo ciclo faranno na segunda hora e os do terceiro ciclo na terceira.

 

Mércores Marzo 18, 2015
Start: 18/03/2015 09:30
End: 18/03/2015 14:30

O víndeiro mércores nos visita xente da emisora de radio Onda Cero. Viviremos a experiencia de gravar un conto para despois poder retransmitilo nas ondas.

Xoves Marzo 19, 2015
Start: 19/03/2015 09:30
End: 19/03/2015 14:30

Seguimos co proxecto Ponte Europa dos alumnos de 5º de primaria. A próxima sesión será o xoves día 19 de marzo.

Venres Marzo 20, 2015
Start: 20/03/2015 09:30
End: 20/03/2015 14:30

O venres día 20 é un día non lectivo en toda Galicia polo que non teremos clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut